Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 07 de marzo de 1996 Páx. 1.942

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

ORDE do 1 de febreiro de 1996 pola que se convocan subvencións a empresas e persoas físicas vinculadas ó sector audiovisual para apoia-lo desenvolvemento de proxectos de producción audiovisual en lingua galega, a producción audiovisual en lingua galega, as iniciativas de promoción do audiovisual galego e a exhibición de películas producidas en Galicia.

A Consellería de Cultura establece liñas de apoio ás diversas fases da producción audiovisual, co fin de potencia-la existencia en Galicia dunha auténtica industria da imaxe.

A través das axudas ó desenvolvemento dos proxecto audiovisuais en lingua galega preténdese fomentar unha das fases máis esenciais da producción audiovisual, como é a da previa posta a punto dos aspectos guionísticos e orzamentarios.

Coas axudas á producción en lingua galega inténtase apoia-la realización de proxectos competitivos nos mercados nacionais e internacionais.

Así mesmo, unha das fases máis esenciais da producción audiovisual é a da promoción. O obxecto de establecer esta terceira liña de axudas é a de apoiar aquelas iniciativas que faciliten unha maior presencia dos productos audiovisuais galegos no mercado interno e sobre todo no exterior, de xeito que acaden unha maior difusión e rendibilidade.

Por último, e co obxecto de impulsa-lo achegamento do seu público natural ó cine galego, establécense axudas á exhibición na nosa comunidade de películas producidas en Galicia en versión galega.

Por todo isto,

DISPOÑO:

I) Bases xenéricas para a concesión das subvencións.

Artigo 1º

Convócanse subvencións para apoia-lo desenvolvemento de proxectos de producción audiovisual, a producción audiovisual en lingua galega, as iniciativas de promoción do audiovisual galego e a exhibición de películas producidas en Galicia

As subvencións financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 10.02.353.C.770, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996.

Naquelas bases específicas en que se indique expresamente, a Consellería de Cultura poderá comprometer outras fases de realización do proyecto, ó abeiro do disposto no artigo 58 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Artigo 2º

Poderán optar a estas subvencións, segundo as características de cada unha delas, as productoras e distribuidoras legalmente constituídas como tales, as empresas titulares de salas de exhibición cinematográfica, así como as persoas físicas, todos eles con domicilio social en Galicia, bardante aquelas empresas que, tendo salas de exhibición cinematográfica situadas en Galicia, o seu domicilio social estea noutro lugar.

Tódalas solicitudes deben cumpri-los requisitos establecidos nesta orde.

Quedan excluídos os solicitantes que anteriormente recibisen algunha outra subvención da Consellería de Cultura e non xustificasen o seu investimento, así como os proxectos encargados por terceiras persoas, as series de televisión completas, as produccións didácticas ou publicitarias e todos aqueles proxectos que se realicen en formatos non profesionais.

Artigo 3º

As solicitudes faranse mediante a correspondente instancia dirixida ó conselleiro de Cultura, segundo os modelos que figuran como anexos desta orde, e presentarana no rexistro xeral da Consellería de Cultura ou nos rexistros das delegacións provinciais dela, sen prexuízo dos procedementos establecidos no artigo 38.4º da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Acompañarase a documentación seguinte:

a) Fotocopia do DNI do representante ou solicitante e acreditación suficiente da representación que exerza.

b) Fotocopia compulsada da documentación acreditativa da constitución legal da empresa. Así mesmo, a do seu domicilio social en Galicia, bardante o indicado no artigo 2º.

c) Fotocopia da tarxeta de identificación fiscal.

d) Documentación acreditativa, se é o caso, da inscrición no correspondente rexistro de empresas do Instituto da Cinematografía e Artes Audiovisuais.

e) Fotocopia compulsada, se é o caso, do documento acreditativo de estar ó día no pagamento do imposto de actividades económicas.

f) No caso de que o solicitante sexa unha sociedade, fotocopia compulsada da inscrición no Rexistro Mercantil.

A esta documentación de carácter xeral engadiráselle a sinalada nas correspondentes bases específicas da presente orde.

Artigo 4º

Para a avaliación dos proxecto presentados constituirase unha comisión presidida polo director xeral de Cultura ou persoa en quen delegue. O conselleiro de Cultura, por proposta do director xeral de Cultura, nomeará seis vocais entre persoas de recoñecido

prestixio no sector audiovisual. De entre eles, dous unha vez consultada a Televisión de Galicia, un logo de consulta ás asociacións profesionais do audiovisual galego, que en ningún caso poderá ser solicitante nin ter vinculación cos solicitantes, e o director do Centro Galego das Artes da Imaxe. Actuará como secretario, con voz e sen voto, un funcionario da Dirección Xeral de Cultura. A comisión poderá reunirse cantas veces o considere necesario o seu presidente; o director xeral de Cultura á vista da acta, elevará proposta, dentro das dispoñibilidades orzamentarias, ó conselleiro de Cultura, que resolverá.

O disposto no presente artigo non será de aplicación para as subvencións á exhibición de películas producidas en Galicia, aténdose ó establecido nas correspondentes bases específicas.

Artigo 5º

A comisión avaliadora poderá requirir dos solicitantes canta documentación complementaria considere precisa e atenderá, para a súa valoración, os criterios que figuran nas bases específicas correspondentes.

Artigo 6º

Notificada a resolución de subvención, os beneficiarios deberán manifestar por escrito a súa aceptación. De non recibirse a aceptación no prazo de 10 días naturais entenderase que o beneficiario renuncia á subvención concedida.

Artigo7º

Os beneficiarios das subvencións, unha vez aceptadas estas, quedarán obrigados a destina-los fondos percibidos para o obxecto concreto para o que foron concedidos. A Consellería de Cultura poderá realiza-las oportunas comprobacións para o mellor coñecemento da efectiva realización do proyecto obxecto da axuda.

Artigo 8º

O pagamento das subvencións realizarase de acordo coas disposicións orzamentarias que lle sexan de aplicación.

Para proceder a calquera pagamento os beneficiariarios deberán presentar certificacións acreditativas do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e de que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, segundo o disposto no artigo 79 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Artigo 9º

O incumprimento por parte do beneficiario de calquera requisito desta orde facultará a Consellería de Cultura para instruír expediente sancionador, conforme o previsto na vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; se procede, anulará os beneficios concedidos e solicitará a devolución das can

tidades percibidas, se as houber, segundo o procedemento que establece o Regulamento xeral de recadación.

Artigo 10º

De non notificarse resolución favorable no prazo de tres meses a partir do remate do prazo de presentación de solicitudes, entenderase desestimada a petición correspondente; o solicitante poderá, a partir desta data, retira-la documentación presentada nos 30 días seguintes. Transcorrido este prazo arquivarase sen máis trámite.

II) Bases específicas para a concesión das subvencións.

A) Subvencións para o desenvolvemento de proxectos de producción audiovisual.

Artigo 11º

Será subvencionable o desenvolvemento de tres tipos de proxectos:

a) longametraxes cinematográficas (duración mínima 60').

b) series de televisión.

c) produccións multimedia.

Os proxectos subvencionados deberán ser en lingua galega.

Artigo 12º

Poderán optar a estas subvencións:

a) Persoas físicas domiciliadas en Galicia que teñan prevista a escritura dun guión para proxecto como os sinalados no artigo 11º da presente orde.

b) Productoras legalmente constituídas como tales, con domicilio social en Galicia e que teñan un acordo ou contrato con, como mínimo, un guionista para desenvolver algún proyecto dos tipos sinalados no artigo 11º da presente orde.

Artigo 13º

As solicitudes deberán presentarse, segundo o modelo que figura no anexo II, no prazo de 30 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 14º

Achegarase a documentación seguinte:

a) No caso de o solicitante ser unha persoa física, xuntarase, por sextuplicado:

-Fotocopia do DNI.

-Historial do solicitante.

-Memoria explicativa do proxecto.

-Sinopse, tratamento e/ou borrador de guión, con especificación da situación dos dereitos de autor correspondentes.

-Orzamento da actividade de desenvolvemento.

-Canta outra documentación o solicitante estime pertinente para a mellor valoración do proyecto.

b) No caso de o solicitante ser unha productora, ademais da documentación sinalada no artigo 3º da presente orde, deberá presentar, por sextuplicado:

-Historial da productora e dos integrantes do equipo que vai elabora-lo desenvolvemento.

-Memoria explicativa do proyecto.

-Sinopse, tratamento e/ou borrador de guión, con especificación da situación dos dereitos de autor correspondentes.

-Borrador de orzamento dirixido á obtención do guión definitivo do proyecto e do seu orzamento definitivo.

-Plano de financiamento con declaración das contribucións doutras entidades, organismos ou institucións, se os houber, documentalmente acreditado.

-Contratos ou acordos establecidos entre a productora e os que vaian participar na actividade de desenvolvemento.

-Canta outra documentación o solicitante coide pertinente para a mellor defensa do proyecto.

Artigo 15º

A comisión avaliadora atenderá, para a valoración das solicitudes, os seguintes aspectos:

-Interese do proyecto.

-Viabilidade da execución do proyecto, unha vez desenvolvido, no marco da industria audiovisual galega.

-Axuste entre o proyecto e o orzamento de desenvolvemento, así como a viabilidade do seu financiamento.

Artigo 16º

A contía das subvencións quedará determinada da seguinte forma:

a) Proxecto de longametraxe e multimedia: ata o 50% do coste total e ata un máximo de 2.500.000 ptas.

b) Proxecto de series de televisión: ata o 50% do custo total e ata un máximo de 3.500.000 ptas.

Artigo 17º

O proceso de desenvolvemento deberá rematar antes do 15 de novembro do presente exercicio orzamentario.

Na futura documentación do proyecto e nos títulos de crédito da producción, en caso de esta levarse a cabo, farase constar que recibiu unha subvención ó seu desenvolvemento por parte da Consellería de Cultura, Dirección Xeral de Cultura, segundo a normativa da imaxe corporativa da Xunta de Galicia.

Artigo 18º

A documentación que integrará a xustificación do efectivo desenvolvemento do proyecto constará de:

a) Xustificantes materiais da realización dos investimentos.

b) 1 exemplar do guión definitivo.

Así mesmo, no caso de que a subvención fose outorgada a unha productora, deberá engadir:

c) Exemplar do orzamento definitivo.

d) Plano de desenvolvemento.

B) Subvencións á producción audiovisual en lingua galega.

Artigo 19º

As subvencións á producción audiovisual en lingua galega destínanse á realización de proxectos cinematográficos, videográficos ou multimedia.

Poderán optar a estas subvencións as productoras legalmente constituídas como tales e con domicilio social en Galicia e que figuren inscritas no correspondente rexistro de empresas do Instituto de Cinematografía e Artes Audiovisuais.

No caso de proxecto de longametraxe, só serán subvencionables os realizados por directores noveis galegos. Consideraranse como tales aqueles directores que non teñan realizadas máis de dúas longametraxes.

Artigo 20º

Para aqueles proxectos que a productora solicitante considere que teñen carácter plurianual, a Consellería de Cultura poderá comprometer outras fases de realización do proyecto, ó abeiro do disposto no artigo 58 da Lei 11/1992 , do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Artigo 21º

Para efectos de clasificación dos proxectos, terán a consideración de curtametraxes as produccións cinematográficas de duración inferior a 60 (sesenta) minutos; longametraxes, as produccións cinematográficas de duración igual ou superior a 60 (sesenta) minutos; video-creación, os proxecto que expresen unha clara vontade de experimentación formal; documentais, as produccións informativas dalgún aspecto da realidade sen empregar como principal instrumento a ficción; programas piloto de series de televisión, os que tendan a amosar, mediante a producción dun capítulo, a virtualidade dun proxecto destinado a enriquece-la oferta televisiva; produccións multimedia as que conxuguen o emprego de diversos medios informáticos e audiovisuais tanto na súa elaboración como no seu consumo.

Á cantidade adxudicada a cada proyecto engadiráselle a que lle poida corresponder pola venda de dereitos de comunicación pública, reproducción e distribución por televisión a Televisión de Galicia. TVG decidirá por si mesma sobre qué produccións de entre as subvencionadas adquirirán os dereitos de comunicación pública, reproducción e distribución por televisión. O ámbito territorial, prezo e demais condicións do contrato de adquisición dos dereitos antes mencionados será pactado libremente entre Televisión de Galicia e a productora correspondente.

Artigo 22º

As solicitudes deberán presentarse, segundo o modelo que figura no anexo III, no prazo de trinta días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 23º

Ademais da documentación sinalada no artigo 3º da presente orde, deberá presentarse por sextuplicado:

-Historial do solicitante ou da productora.

-Memoria explicativa e sinopse do proyecto.

-Acreditación de que o proyecto é obra orixinal e/ou de posuí-los dereitos suficientes do guión, obra literaria ou calquera outro medio que requira a obtención de dereitos ou opción de compra sobre eles.

-Guión definitivo da producción en lingua galega.

-Equipo técnico e artístico que realizará o proxecto, con presentación de acordos ou contratos.

-Plan de producción con declaración sobre as previsións de inicio e remate e orzamento total dela desagregado por conceptos.

-Plan de financiamento con expresión das contribucións doutras entidades, organismos ou institucións, se os houber, e documentalmente acreditado.

-Calendario dos investimentos que se van desenvolver para a execución do traballo, indicando a parte correspondente que se vai executar cada ano -no caso de proxectos plurianuais-, debendo figurar no del a contía da axuda solicitada para a súa realización.

Artigo 24º

A comisión avaliadora, para a súa valoración, terá en conta os seguintes aspectos:

-Calidade do proyecto.

-Emprego de persoal artístico, técnico e servicios radicados en Galicia, así como a rodaxe na Comunidade Autónoma.

-Axuste entre o proxecto e o orzamento da producción así como a viabilidade do seu financiamento.

-A participación en réxime de prácticas, de alumnos dos centros de audiovisuais radicados en Galicia e que estean legalmente recoñecidos.

Artigo 25º

A contía das subvencións quedará determinada da seguinte forma:

1. Proxecto de curtametraxe: ata o 60% do custo total que se vai empregar na producción.

2. Proxecto de longametraxe: ata o 40% do custo total que se vai empregar na producción.

3. Proxecto de video de creación: ata o 60% do custo total que se vai empregar na producción.

4. Proxecto de documentais: ata o 60% do custo total que se vai empregar na producción.

5. Proxecto de programas piloto de series de televisión: ata o 50 % do custo total que se vai empregar na producción.

6. Proxecto de producción multimedia: ata o 60% do custo que se vai empregar no apartado audiovisual da producción.

Artigo 26º

26.1. As produccións subvencionadas terán que axustarse fielmente ó proxecto presentado. Cualquera modificación no proxecto ou no equipo técnico e artístico deberá ser notificada á Consellería de Cultura, que decidirá o que proceda logo da consulta á comisión establecida no artigo 4º da presente orde.

26.2. As productoras subvencionadas deberán comunicarlle á Consellería de Cultura a data de inicio e finalización da rodaxe ou gravación da producción subvencionada.

Artigo 27º

As productoras subvencionadas quedarán obrigadas a presenta-la xustificación dos investimentos realizados antes do 1 de novembro de cada exercicio económico do que se trate, entregándolle á Consellería de Cultura xustificación do investimento efectuado pola cantidade que corresponda, e, no último ano, ademais da xustificación correspondente, a entrega de dúas copias, no caso de produccións cinematográficas, e unha copia nos demais supostos á Consellería de Cultura-Dirección Xeral de Cultura, así como un resumo do investimento realizado.

Nos títulos de crédito da producción, así como en toda a publicidade que dela se faga, farase constar que a producción foi subvencionada pola Consellería de Cultura, Dirección Xeral de Cultura, segundo a normativa da imaxe corporativa da Xunta de Galicia.

Artigo 28º

As copias entregadas á Consellería de Cultura, que sempre deberán ser en lingua galega, quedarán depositadas no Centro Galego de Artes da Imaxe da Dirección Xeral de Cultura, para a súa conservación e uso con fins culturais non lucrativos. Para tal fin, a Consellería de Cultura poderá realizar cantas copias considere precisas, especialmente en actividades de promoción do audiovisual galego.

C) Subvencións a iniciativas de promoción do audiovisual.

Artigo 29º

Serán subvencionables aquelas iniciativas tendentes á promoción de produccións audiovisuais galegas, como as que se citan a seguir:

a) Elaboración de materiais promocionais.

b) Presencia en mercados e festivais.

c) Dobraxe ou subtitulado.

d) Proxecto de promoción.

Artigo 30º

Poderán optar a estas subvencións productoras ou distribuidoras legalmente constituídas como tales, con domicilio social en Galicia.

Artigo 31º

As solicitudes deberán presentarse, segundo o modelo que figura no anexo IV, no prazo de 30 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 32º

Ademais da documentación sinalada no artigo 3º da presente orde, deberá presenta-la documentación seguinte , por sextuplicado:

-Historial da productora ou distribuidora.

-Memoria explicativa do proyecto.

-Orzamento do proyecto.

-Plan de financiamento con declaración das contribucións doutras entidades, organismos ou institucións, se os houber, documentalmente acreditado.

-Canta outra documentación o solicitante coide pertinente para a mellor valoración do proxecto.

Artigo 33º

A comisión avaliadora atenderá, para a valoración das solicitudes, os seguintes aspectos:

-Interese do proxecto, atendendo á súa capacidade promocional.

-Acceso a mercados pouco explotados ata o presente polo audiovisual galego.

-Axuste entre o proxecto e o orzamento de desenvolvemento, así como a viabilidade do seu financiamento.

Artigo 34º

A contía das subvencións non poderá exceder do 50% do custo total do orzamento da actividade .

Artigo 35º

O proxecto de promoción subvencionado deberá limitarse ó presente exercicio orzamentario; o beneficiario deberá presenta-la xustificación da súa efectiva realización antes do 15 de novembro.

Artigo 36º

A documentación que integrará a xustificación dos investimentos realizados constará de xustificantes materiais da realización dos investimentos.

E, segundo a tipoloxía dos proxectos, deberá engadir:

a) Copia dos materiais promocionais elaborados.

b) Certificación da presencia no festival ou mercado correspondente.

c) Copia en video da producción na súa versión dobrada ou subtitulada.

d) Calquera outra documentación que acredite a efectiva realización do proxecto.

Na realización destas iniciativas, deberá constar que foron subvencionadas pola Consellería de Cultura, Dirección Xeral de Cultura, segundo a normativa da imaxe corporativa da Xunta de Galicia.

D) Subvencións á exhibición de películas producidas en Galicia.

Artigo 37º

Poderán optar ás subvencións as empresas de salas de exhibición cinematográfica situadas en Galicia que acrediten ter proxectado todas ou algunha das películas que figuran no anexo I, na súa versión galega, na Comunidade Autónoma de Galicia, así como as empresas productoras das películas correspondentes, legalmente constituídas como tales e con domicilio social en Galicia.

O período de proxección computable para efectos da concesión da axuda será o comprendido entre o 1 de xaneiro de 1994 e o 31 de decembro de 1995.

Artigo 38º

A contía das axudas será igual á aplicación dunha porcentaxe fixa entre o 10% e o 20% dos ingresos brutos das entradas xerados pola proxección das películas relacionadas no anexo I.

Artigo 39º

As solicitudes deberán presentarse, segundo o modelo que figura no anexo V, ata o 15 de xuño do presente ano.

Artigo 40º

Ademais da documentación sinalada no artigo 3º da presente orde, deberase presenta-la documentación seguinte:

-No caso de salas cinematográficas, acreditación da actividade mediante a presentación de fotocopia compulsada das partes-declaración de exhibición semanal debidamente cubertos pola Sociedad General de Autores de España. No caso de empresas productoras certificación emitida polo ICAA na que conste a recadación obtida en Galicia pola película correspondente na súa versión galega.

-No caso de que o solicitante sexa unha empresa productora, documentación acreditativa de posuí-los dereitos sobre a película correspondente.

-Relación da proxección das películas incluídas no anexo I, especificando datas de proxección, recadación e sala de exhibición.

Recibidas as solicitudes de subvención e a súa documentación, serán analizadas polos servicios competentes da Dirección Xeral de Cultura e o director xeral de Cultura, dentro das dispoñibilidades orzamentarias, elevaralle a correspondente proposta ó conselleiro de Cultura, que resolverá.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Cultura para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 1996.

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Conselleiro de Cultura

Sr. Director Xeral de Cultura.

ANEXO I

Relación de películas producidas na Comunidade Autónoma de Galicia xeradoras de axudas:

-Sempre Xonxa, 1989

-Urxa, 1989

-Continental, 1989

-O xogo das mensaxes invisibles, 1991

-Martes de carnaval, 1991

-Tirano Banderas, 1993

-O baile das ánimas, 1994

-Dame lume, 1994

-A metade da vida, 1994

-A lei da fronteira, 1995

1551