Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 07 de marzo de 1996 Páx. 1.954

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 12 de febreiro de 1996 pola que aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Lafuente número 1.

Visto o expediente incoado por Pilar Córdoba del Amo, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa do viveiro flotante de cultivo de mexillón denominado Lafuente nº 1, outorgado pola orde ministerial do 28-4-1956 (BOE nº 134), situado na cuadrícula nº 34, do polígono I de Vilagarcía, rematando a concesión o 18-5-1996, e do que era titular Antonio Pérez Lafuente Bóveda.

Tendo en conta o informado polo Servicio Xurídico e de Planificación e de conformidade co sinalado no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do Rexistro de Últimas Vontades, a declaración de herdeiros ab-intestato, a relación de bens debidamente liquidada de impostos e o caderno particional da herdanza, esta consellería tivo a ben acceder ó solicitado, declarando titular da concesión administrativa e do viveiro do que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Pilar Córdoba del Amo, Antonio-María Pérez-Lafuente Córdoba, Pilar Pérez-Lafuente Córdoba, Miguel Pérez-Lafuente Córdoba, Juan Ignacio Pérez-Lafuente Córdoba, Gonzalo Pérez-Lafuente Córdoba, Mª Dolores Pérez-Lafuente Córdoba, José Manuel Pérez-Lafuente Córdoba, Jorge Pérez-Lafuente Córdoba e Santiago Pérez-Lafuente Córdoba.

Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas do anterior, así como quedan obrigados a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 12 de febreiro de 1996.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Juan M. López García

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

1453