O secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio, con data 19 de setembro de 1995, dictou resolución para esixirlle o reintegro da subvención indebidamente percibida e os seus correspondentes xuros de demora á entidade INCANFI, S.L., por un importe de 6.000.000 de pesetas de principal e 1.000.000 de pesetas por xuros de demora; todo iso ó abeiro do disposto no artigo 10 da Orde do 13 de xaneiro de 1993, reguladora da concesión así como nos artigos 78 e 79 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia.
Non tendo sido posible a notificación da devandita resolución no último domicilio coñecido da empresa, realízaselle a presente, conforme prevé o artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; concedéndoselle á devan
dita entidade, a partir da publicación desta notificación, o prazo dun mes para o reintegro da subvención percibida no ano 1993 ó abeiro da xa citada orde desta consellería, do 13 de xaneiro de 1993 (DOG do 11 de marzo), pola que se regularon as axudas para a creación, mellora e acondicionamento de talleres artesáns, por importe de seis millóns (6.000.000) de pesetas de principal e un millón (1.000.000) de pesetas de intereses de demora.
Contra a presente notificación poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, despois de comunicarllo a esta secretaría xeral, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O reintegro do importe da subvención e mailos xuros de demora máis arriba sinalados pode facerse efectiva nas modalidades que máis abaixo se especifican, coa advertencia expresa de que de non proceder ó pagamento no prazo indicado, poñerase en coñecemento da Dirección Xeral de Presupostos e do Tesouro, para que, de acordo coa orde da Consellería de Economía e Facenda do 27 de decembro de 1990 (DOG nº 27 do 7 de febreiro de 1991), se inicie o correspondente expediente de reintegro.
Modalidades de pagamento:
Aboamento na conta corrente número 6317/2 da Oficina Principal de Caixa Galicia, mediante ingreso (en metálico ou cheque conformado) no que se farán consta-los datos do interesado, debendo remitirse copia do resgardo de ingreso á Secretaría Xeral desta Consellería de Industria e Comercio (edificio administrativo nº 5 de San Caetano- Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 1996.
Manuel Barreiro Barbeito
Secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio
1404

