Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 1996 Páx. 2.096

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 1996, da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, pola que se anuncia a contratación da consultoría e asistencia para a elaboración das tarxetas de acreditación do permiso de explotación para o marisqueo a pé, a través do procedemento aberto por concuros polo trámite de urxencia.

Entidad adxudicadora: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, San Caetano, 5-2º, Santiago de Compostela.

Orzamento máximo: catro millóns novecentas oitenta mil pesetas (4.980.000 ptas.).

Prazo de execución: ata o 31-12-1996, axustándose ós períodos de validación das delegacións territoriais desta consellería.

Fianza provisional: noventa e nove mil seiscentas pesetas( 99.600 ptas.).

Información adicional: os pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas que rexen o presente procedemento de contratación estarán, para o seu exame, a disposición dos interesados en horario de oficina nos servicios centrais desta consellería.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse no rexistro xeral desta consellería ou nos rexistros das súas delegacións territoriais.

O prazo de presentación rematará ás catorce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo o prazo rematará ás catorce horas do seguinte día hábil.

No caso de utilizarse calquera dos medios previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, remitiráselle un telegrama á Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, no que se comunique a presentación da oferta.

Apertura de proposicións: a apertura de proposicións, que será pública, será realizada pola mesa de contratación nas oficinas centrais desta consellería, ás dez horas do terceiro día hábil seguinte ó do peche do prazo de presentación de propostas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

O importe do presenta anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 1996.

Amancio Landín Jaráiz

Director xeral de Marisqueo e Acuicultura

96-1173