Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 1996 Páx. 2.099

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 1996 pola que se lle dá publicidade á adxudicación do concurso público para a contratación do deseño, subministración e instalación dun laboratorio de redes de comunicación para os Centros de Innovación e Servicios (CIS) en Ferrol.

En cumprimento do establecido no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise público que o órgano de contratación do Igape resolveu a adxudicación do concurso público para a contratación do deseño, subministración e instalación dun laboratorio de redes de comunicación para os Centros de Innovación e Servicios (CIS) en Ferrol á empresa EMTEL Sistemas

de Telecomunicacíón, S.L., polo importe de 27.464.727 pesetas IVE incluído.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 1996.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

1176