En virtude do acordado polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en resolución desta data, nos autos de xuízo de cognición nº 184/1995 seguido neste xulgado por instancia de Xosé Mosquera Brey, contra Fernando Fernández Xil e Beatriz Barreiro Pérez, emprázase a demandada Beatriz Barreiro Pérez para que no termo de nove días compareza en autos, en legal forma con avogado que a defenda, coa prevención de que se non comparece, será declarada en rebeldía e recaerá sobre ela o prexuízo a que houbese lugar en dereito.
E para que sirva de emprazamento á demandada Beatriz Barreiro Pérez, expido este edicto que asino en Santiago de Compostela, 14 de marzo de 1996.
A secretaria
Rubricado
9601759

