Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 29 de marzo de 1996 Páx. 2.972

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 28 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de epizootias LU-11/1995, devolta polo servicio de correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notíficaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación a resolución do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, contra a que poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo

dun mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.

En caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectiva no prazo de quince (15) días mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda Galega; conta restrinxida de recadación de multas e sancións:

Nº 311-152-116/7-Caixa Galicia. Oficina principal Lugo.

ANEXO

Expediente: LU-11/1995

Denunciado: José Luis Cadahía González.

DNI nº: 34.225.294

Último enderezo coñecido: rúa S. Isidro, 50. Lugo.

Feitos imputados: transportar o día 8 de febreiro de 1995, no automóbil matrícula C-2938-AT, seis cabezas de gando bovino e unha de porcino, carecendo de autorización oficial de traslado, do carné de tratante e non te-lo automóbil rexistrado para transportar gando.

Tipificación da infracción:

Precepto infrinxido: artigos 1 e 3 do Decreto 355/1994, do 4 de decembro (DOG nº 240, do 15-12-1994) e 52, 195 e 196 do Regulamento de epizootias.

Precepto sancionador: artigos 212 e 215.

Cualificación infracción: grave.

Sanción: 50.000 pesetas.

Lugo, 28 de febreiro de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

1767