Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 01 de abril de 1996 Páx. 3.012

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA-DELEGACIÓN DE GUIPÚSCOA

ANUNCIO.

Pola presente publicación no Diario Oficial de Galicia e debido a que os debedores comprendidos na relación que se insire a seguir, non puideron ser atopados nos domicilios que figuran nos rexistros da Administración tributaria ou que as persoas que a lexislación autoriza alegaron distintas causas para non recibi-las notificacións, fáiselles saber que:

Se notifica ós debedores, conforme o artigo 103 do Regulamento xeral de Recadación (Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro) que como non foi satisfeita a devandita débeda no prazo de ingreso no período voluntario en virtude do establecido no artigo 127 da Lei xeral tributaria, o órgano competente da Xunta de Galicia acordou:

«En uso das facultades que me confiren os artigos 100 e 106 do Regulamento xeral de recadación, líquido o recargo de prema sobre o importe da débeda pendente e dicto providencia de prema para que se proceda executivamente contra o patrimonio ou garantías dos debedores en caso de non se produci-lo ingreso nos prazos sinalados no artigo 108 do citado regulamento».

NomeClave Liqui.ConceptoImporte

Veiga Pérez, M. GumersindaC1100095150034001Baixo Esq. C1 9235.603
Hormaechea Fernández, FelisaC1100095270001519Sucesión335.315
Perea Fernández, FranciscoC1100095270001508Sucesión335.315
Silva Pérez, RosinaC1100095320034183Compranvenda13.961

-Recursos.

Recurso de reposición ante o órgano que dictou a providencia de prema, no prazo de 15 días contados desde o seguinte ó do recibo desa notificación ou reclamación económico administrativa, ante o tribunal competente da dita xurisdicción, no mesmo prazo, sen que se poidan simultanear ámbolos dous recursos.

-Motivos da impugnación.

O procedemento de prema deberá impugnarse polos seguintes motivos (artigo 138.1º da Lei xeral tributaria).

Pagamento ou extinción da débeda.

Prescrición.

Aprazamento.

Falta de notificación da liquidación ou a súa anulación ou suspensión.

-Suspensión do procedemento.

O procedemento de prema, aínda que se interpoña recurso, soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados no artigo 101 do Regulamento xeral de contratación (R.D. 1684/1990, do 20 de decembro).

-Solicitude de aprazamento.

Conforme establece o artigo 48 do Regulamento xeral de recadación, poderase aprazar ou fracciona-lo pagamento das débedas en período executivo.

A presentación das solicitudes de aprazamento ou fraccionamento farase na delegación ou administracións da A.E.A.T. do territorio en que se deba face-lo pagamento.

-Lugar de pagamento.

Na entidade que presta o servicio de caixa da delegación ou administración da axencia estatal de administración tributaria do seu domicilio fiscal.

-Xuros de pagamento.

As cantidades debidas, agás o recargo de prema, devengarán xuros de demora desde o día seguinte ó vencemento da débeda en período voluntario ata a data do seu ingreso. O tipo de xuro fixarase de acordo co establecido nos artigo 58 da Lei xeral tributaria e 36 da Lei xeral orzamentaria, segundo se trate de débedas tributarias ou non tributarias respectivamente.

-Custas.

En caso de producirse custas no procedemento, a Administración repercutible o seu importe ó debedor, conforme o establecido nos artigos 153 e 157 do Regulamento xesral de recadación.

-Prazos para efectua-lo ingreso.

(Artigo 108 do Regulamento xeral de recadación).

a) Recibida a notificación entre os días 1 e 15 de cada mes, ata o 20 do dito mes ou inmediato hábil posterior.

b) Recibida a notificación entre os días 16 e derradeiro de cada mes, ata o 5 do mes seguinte, ou inmediato hábil posterior.

Donostia San Sebastián, 19 de febreiro de 1996.

A xefa da Unidade de Recadación Executiva

Rubricado

AVISO PARA OS ANUNCIANTES

PREZOS PARA A PUBLICACIÓN DE ANUNCIOS

NO DOG A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1996

(Decreto 289/1995, do 3 de novembro,

DOG do 9 do mesmo mes)

-Tramitación ordinaria: 445 pesetas/liña de 54 espacios.

-Tramitación urxente: 890 pesetas/liña de 54 espacios.