Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 11 de abril de 1996 Páx. 3.294

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a adxudicación do procedemento negociado sen publicidade do contrato de asistencia técnica de xestión de solicitudes de axudas do FEOGA para os dereitos a prima de ovino e caprino e vacas nodrizas, realización e gravación de solicitudes de I.C.M. e a carga de liña de abandono sobre a aplicación subvención directa.

Contrato de referencia: procedemento negociado sen publicidade do contrato de asistencia técnica de xestión de solicitudes de axudas do FEOGA para os dereitos a prima de ovino e caprino e vacas nodrizas, realización e gravación de solicitudes de I.C.M. e a carga da liña de abandono sobre a aplicación subvención directa.

Empresa adxudicataria: Seresco Asturiana, S.A.

Orzamento de adxudicación: 5.501.880 ptas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 1996.

P.D.(O. 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

1031