Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 11 de abril de 1996 Páx. 3.295

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a adxudicación do concurso da asistencia técnica consistente na instalación, montaxe e atención dun stand institucional da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes no X Salón Internacional do Club de Gourmets e outra máis.

Por Resolución do 2 de novembro outubro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciouse o citado concurso.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular da consellería resolveu adxudicarlle-las asistencias técnicas ás empresas:

1. Instalación, montaxe e atención dun stand institucional da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, no X Salón Internacional do Club de Gourmets (Madrid).

U.T.E.: Ibeuropea de Diseño, S.L. y Gallega de Publicidad, S.A., importe de adxudicación: 22.910.000 pesetas.

2. Deseño, maquetación, composición e edición de material informativo e publicitario sobre os productos agroalimentarios galegos con indicativo de calidade.

Idea, Creatividad y Comunicación, S.L., importe de adxudicación: 15.509.153 pesetas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-93, DOG nº 239, 14-12-93)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

1035