De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 do 27-11-1992), notifícaselles ás persoas que se citan a continuación, a resolución dos recursos ordinarios dos expedientes instruídos por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG do 27 de maio), de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.
Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir do seguinte á publicación desta cédula, para poderen examina-los expedientes na Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra) da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (r/ Palma, 4-Vigo) e presenta-lo recurso correspondente.
Nº de expediente: PO-0278/1995.
Denunciado: Juan Vázquez Santos.
Enderezo: Viñagrande, 55-S. Miguel Deiro-Vilanova de Arousa-Pontevedra.
Precepto infrinxido: Art. 6.1º e 6.7º da Lei 6/1991, do 15 de maio.
Sanción: setenta e cinco mil unha pesetas (75.001 ptas.).
Recurso ordinario presentado o día: 11 de outubro de 1995.
Resolución do recurso ordinario: estimatoria parcial, rebaixando a sanción a cincuenta mil dúas pesetas (50.002 ptas.).
Vigo, 22 de marzo de 1996.
Juan Manuel López García
Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)
96-2466

