Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 1996 Páx. 3.413

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia concurso público aberto, trámite de urxencia, do servicio de limpeza do albergue xuvenil de Viveiro (Lugo).

A Delegación Provincial de Lugo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, anuncia o concurso 4/1996 que a seguir se cita:

Entidade adxudicadora: Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude de Lugo.

Obxecto: realización do servicio de limpeza do albergue xuvenil de Viveiro, en Area, 27850 Viveiro (Lugo).

O prazo de execución comprenderá desde o día 1 de maio ata o 31 de decembro de 1996, ámbolos dous incluídos.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, trámite de urxencia.

Orzamento: 1.600.000 ptas., co IVE incluído.

Garantía provisional: 32.000 ptas.

Garantía definitiva: 64.000 ptas.

Obtención de documentación e información: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e ó dispor dos interesados, para o seu exame, na Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, Ronda de Fingoi, s/n,

27071 Lugo (Tfno.: 29 43 43, fax: 29 43 59) ata a finalización do prazo de presentación das proposicións.

Requisitos específicos do contratista: non se esixen.

Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación: no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude sita na Ronda de Fingoi, s/n, 27071 Lugo, ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

O prazo de admisión de proposicións terminará ás catorce horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A documentación que se debe presentar vén especificada nos pregos de cláusulas administrativas.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (982) 29 43 59 ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Apertura das proposicións: a apertura das ofertas admitidas será realizada pola mesa de contratación ás once horas do terceiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas na sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, Ronda de Fingoi, s/n 27071 Lugo.

No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

Outras informacións: os pregos de cláusulas administrativas e prescripcións técnicas estarán ó dispor dos licitadores nas delegacións da Consellería de Familia, Muller e Xuventude da Coruña, Lugo, Ourense e Vigo.

Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 14 de marzo de 1996.

P.D. (Orde 30-12-1993)

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo

2713