Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado substituto do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 4 de Santiago de Compostela e o seu partido xudicial, fai saber que neste xulgado se seguen autos de proceso civil de cognición co nº 398/1992 ós que se acumularon os de igual clase seguidos ante o xulgado número 2 desta cidade co nº 168/93 por instancia de Concepción Fernández Louzao e Domingo Carreira Rodríguez, representados polo procurador García-Piccoli Atanes contra outra e herdeiros descoñecidos e incertos de Ramiro Ramón Rúa Lamas e a comunidade de herdeiros de Ramiro Ramón Rúa Lamas sobre reclamación de cantidade, dictándose, no día da da data, providencia pola que se ordena o emprazamento dos ditos demandados para que, no prazo de 9 días, se constitúan en parte asistidos de letrado, baixo apercibimento de que, se non o verifican, serán declarados en rebeldía dándose por contestada a demanda e seguindo o xuízo o seu curso.
Para que o acordado se cumpra e para publicar no taboleiros de anuncios deste xulgado e no DOG estendo o presente edicto que é dado en Santiago de Compostela o vinteoito de febreiro de mil novecentos noventa e seis.
O maxistrado
Rubricado
O secretario
Rubricado
1887

