Obxecto: proxecto e realización do ámbito de tecnoloxías da información na Casa das Ciencias. (Ref. S96/35).
Tipo de licitación: 6.000.000 de ptas. (IVE incluído).
Garantías: provisional, 120.000 pesetas; definitiva, 4% do orzamento de contrato.
Modelo de proposición: as proposicións económicas axustaranse ó seguinte modelo:
«Don/Dona..., veciño/a de..., con domicilio en..., provisto de DNI nº..., en representación de..., con domicilio en... (ou en nome propio), informado do anuncio de concurso para o proxecto e realización do ámbito de tecnoloxías da información na Casa das Ciencias, e do prego de condicións que o regula, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición optando a adxudicación polo prezo de... pesetas (IVE incluído) e no prazo de...
En proba de aceptación de tales compromisos, deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co resgardo que achego.
Data e sinatura do/a propoñente».
Presentación de proposicións: presentaranse en sobre pechado no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo, no prazo de vintiséis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, en horas de 9 a 13. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.
Prego de condicións: poderase examinar e retirar copia no Negociado de Subministracións e Compras, 2ª planta do pazo municipal, praza de Mª Pita, nº 1, 15001 A Coruña.
A Coruña, 21 de marzo de 1996.
O alcalde
Rubricado
2886

