Obxecto: prestación do servicio de colaboración na xestión organizativa da LI Edición do Trofeo Teresa Herrera, final da Copa da Coruña e Mini Trofeo Teresa Herrera de fútbol modesto. (Ref. As96/10).
Orzamento: 7.500.000 pesetas (IVE incluído).
Garantías: provisional, 150.000 pesetas; definitiva, 4% do orzamento.
Modelo de proposición: as proposicións económicas axustaranse ó seguinte modelo:
«Don/Dona..., veciño/a de..., con enderezo en..., provisto/a de DNI nº..., en representación de..., con enderezo en... (ou en nome propio), informado/a do anuncio de concurso para a contratación do servicio de colaboración na xestión organiazativa da LI Edición do Trofeo Teresa Herrera, final da Copa da Coruña e Mini Trofeo Teresa Herrera de fútbol modesto e dos pregos de condicións que o regulan, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición optando á adxudicación polo prezo de... pesetas (IVE incluído).
En proba de aceptación de tales compromisos deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co recibo que xunto.
Data e sinatura do propoñente».
Presentación de proposicións: presentaranse en tres sobres pechados no Rexistro Xeral de Entrada deste concello, en man ou por correo (neste caso logo do cumprimento dos requisitos sinalados no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación), no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, en horas de 9 a 13. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.
Nos anversos dos sobres consignarase: «proposición que presenta... para optar ó concurso para a contratación da prestación do servicio de colaboración na xestión organizativa da LI Edición do Trofeo Teresa Herrera, final da Copa da Coruña e Mini Trofeo Teresa Herrera de fútbol modesto».
Prego de condicións: poderán ser examinados e retirada copia na Unidade de Obras e Concesións, 2º andar do pazo municipal, praza de Mª Pita, nº 1, 15001 A Coruña.
Apertura de plicas: a apertura das proposicións económicas realizarase pola mesa de contratación en acto público e terá lugar nas casas dos concellos ás doce horas do quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación, que, no caso de resultar sábado, se entenderá prorrogado ó día hábil seguinte.
A Coruña, 14 de marzo de 1996.
P.D.
O alcalde
Rubricado
2885

