O Pleno da Corporación, na súa reunión extrarodinaria do día 7 de febreiro de 1996, aprobou, inicialmente, as normas subsidiarias de planeamento do Concello de Begonte; e de acordo co disposto no artigo 128 do Regulamento de planeamento acordou someter a información pública a documentación integrante das devanditas normas polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da derradeira publicación que deste anuncio se faga no Diario Oficial de Galicia, no BOP de Lugo ou no xornal El Progreso de Lugo, durante o cal poderá ser examinada, nas dependencias municipais, en horario de 10 a 13 horas, por calquera persoa física ou xurídica para formula-las alegacións ou observacións que coiden pertinentes.
De acordo co disposto no artigo 102 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, mantense a suspensión de licencias de edificación, demolición e reparcelación, por supoñe-las novas determinacións modificacións do réxime urbanístico vixente en todo o termo municipal. A suspensión terá unha duración máxima de dous anos contados a partir do día 26 de xullo de 1995 e extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva das normas subsidiarias.
Begonte, 14 de marzo de 1996.
José Pena Rábade
Alcalde
2128

