Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 30 de abril de 1996 Páx. 3.989

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 11 de abril de 1996 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa dunha batea de cultivo de mexillón denominada Carlota número 1, a favor de Herederos de Antonio Fernández Lago, C.B. integrada por Manuela Goyanes Hermida, Antonio José Fernández Goyanes, María José Fernández Goyanes e Ramón Manuel Fernández Goyanes.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta o previsto no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio), e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Xurídico e de Planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: Carlota nº 1.

Cultivo: mexillón.

Localización: Muros B, cuadrícula nº 75.

Data da concesión: 12-11-1959.

Data do remate da última prórroga: 25-11-2004.

Anterior concesionario: Antonio Fernández Lago e Manuel Goyanes Hermida.

Novo titular da concesión e batea: Herederos de Antonio Fernández Lago, C.B., integrada por Manuela Goyanes Hermida, Antonio José Fernández Goyanes, Mª José Fernández Goyanes e Ramón Manuel Fernández Goyanes.

O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

A Coruña, 12 de abril de 1996.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

9603028