Gonzalo-Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de Xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela.
Certifico: que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída nos autos de xuízo de cognición número 459/1995,
cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:
«Sentencia.-En Santiago de Compostela, o cinco de marzo de mil novecentos noventa e seis.
Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, viu os presentes autos de cognición sobre reclamación de cantidade seguidos neste xulgado baixo o número 459/1995, a pedimento de Gasolina, Lubrificantes, Repustos, S.A., representada pola procuradora Losada Gómez, asistida da letrada Pardo Leal, contra C.E.C. Galega S.L., declrada en rebeldía procesual.
Decido: que debo aceptar e acepto a demanda interporsta pola procuradora Losada Gómez en nome e representación de Gasolina, Lubrificantes, Repuestos, S.A. (Galuresa), contra C.E.C. Galega, S.L., declarada en rebeldía procesual, e condeno a mencionada demandada a pagarlle á demandante a suma de dúascentas corenta e seis mil oitocentas trinta e nove pesetas (249.839 ptas.), así como as custas procesuais.
Advírteselles ás partes de que esta sentencia non é firma e contra ela cabe interpor recurso de apelación por escrito, no termo de cinco días ante este xulgado e ante a Audiencia Provincial.
Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncio, mándoo e asínoo».
A sentencia foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe; e para que conste e para que lle sirva de notificación en forma á demandada en situación procesual de rebeldía, C.E.C. Galega, S.L., con último domicilio na Avda. da Estrada, nº 8, baixo, Santiago de Compostela, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, o vintesete de marzo de mil novecientos noventa e seis.
O secretario
Rubricado
2735

