Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 08 de maio de 1996 Páx. 4.290

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 11 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación de expediente sancionador de epizootias 108/1996, devolto polo servicio de correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a notificación de incoación do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo.

Noméase instructor do procedemento a Mauricio Alonso Troncoso e secretaria a Mª Jesús Fernández Martínez, funcionarios desta delegación provincial. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 197, a presenta-lo descargo e documentos que considere convenientes na súa defensa, así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretario en calquera momento da tramitación do expediente.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 197-Lugo.

ANEXO

Expediente: 108/1996.

Denunciado: Valentín Díaz García.

DNI nº: 32.660.097.

Último enderezo coñecido: Alto Xestoso-Monfero (A Coruña).

Feitos imputados: atopar nas cortes situadas en Vilarente (Abadín) cinco xovencas procedentes dos Países Baixos que son parte dunha partida de nove

animais que chegaron a España amparados por un certificado sanitario internacional nº 102443 de data do 8-2-1996, no que figuraba como destino final Ganados Santaballa, S.L.

Tipificación da infracción:

-Precepto infrinxido: parágrafo 4º do apartado b) do apartado 1 do artigo 5 do RD 1316/1992, do 30 de outubro (BOE nº 288, do 1 de decembro).

-Precepto sancionador: 212 do Regulamento de epizootias.

-Cualificación da infracción: grave.

Sanción: 50.000 ptas.

Lugo, 11 de abril de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

9603209