Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Sábado, 18 de maio de 1996 Páx. 4.683

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 167/1996, do 17 de maio, polo que se dispón que cese Antonio Peleteiro Fernández como director xeral de Ensinanzas Profesionais e Formación de Adultos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 32.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta da conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, e logo de deliberación da Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezasete de maio de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Que cese, por pasar a outro destino, Antonio Peleteiro Fernández como director xeral de Ensinanzas Profesionais e Formación de Adultos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, dezasete de maio de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

9603793