IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS
CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
RESOLUCIÓN do 9 de maio de 1996, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se anuncia a exposición pública das listas definitivas de admitidos e excluídos nos organismos a que fai referencia o apartado 4º da base cuarta de Resolución do 26 de febreiro de 1996 da Dirección Xeral de Transportes, pola que se convocan probas de constatación da capacitación profesional para o exercicio das actividades de transportistas por estrada, axencia de transporte de mercadorías, transitario e almacenista-distribuídor.
De conformidade coas previsións contidas na Resolución do 26 de febreiro de 1996, da Dirección
Xeral de Transportes, DOG nº 47 do 6 de marzo de 1996, apartado 4º da base cuarta.
DISPOÑO:
Artígo único.-Anúnciase a exposición pública das listas definitivas de admitidos e excluídos nos organismos seguintes: servicios centrais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, servicios provinciais de Transportes e nas delegacións provinciais da citada consellería.
Santiago de Compostela, 9 de maio de 1996.
Juan Carlos Villarino Tejada
Director xeral de Transportes
1228