Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 31 de maio de 1996 Páx. 5.279

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1996 pola que se anuncia a licitación para a contratación da prestación da asistencia sanitaria complementaria ó persoal, funcionario e laboral, do Concello de Pontevedra.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, praza de España s/n, 36071 Pontevedra.

a) Órgano de contratación: O Pleno da Corporación.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación e Patromonio.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: prestación da asistencia sanitaria complementaria, excluídos os accidentes de traballo e enfermidades profesionais, ó persoal, funcionario e laboral, do concello e ós seus correspondentes beneficiarios.

b) Prazo de execución: un ano, prorrogable.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación: 3.000 ptas. por persoa en cada liquidación mensual, incluído todo xénero de gastos e IVE.

5. Garantías.

a) Provisional: 500.000 ptas.

b) Definitiva: 2.000.000 de ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España s/n. Pontevedra 36071. Teléfono: (986) 80 43 00. Telefax: 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo 3, subgrupo 1, categoría B.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: trece días natuaris contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 11ª do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra. En horario de 9 a 13 horas.

d) Prazo durante o cal o licitador vén obrigado a mantela súa oferta: tres meses.

9. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación o día seguinte hábil ó do remate do prazo para a presentación de ofertas, ás 8.30 horas na sala de xuntas.

10. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

a) Os dos anuncios que xere o concurso e os seus actos preparatorios.

b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato, incluído o IVE.

c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal regulamentadora da taxa.

Pontevedra, 21 de maio de 1996.

José Benito Suárez Costa

Alcalde Acctal.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

9603291