Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 05 de xuño de 1996 Páx. 5.452

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 20 de maio de 1996 pola que se resolve a convocatoria de bolsas para a realización de estudios no campo da pesca.

Por Orde do 31 de xaneiro de 1996 ( DOG nº 31, do 13 de febreiro ) convócanse bolsas de especialización para a realización de estudios sobre a pesca en Galicia.

Por resolución da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, do 2 de maio de 1996, e de conformidade coa base 6.4º, fíxose pública a relación provisional de beneficiarios das mencionadas bolsas e fixábase un prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ó da súa publicación, co fin de que os interesados, se é o caso, formulasen as reclamacións oportunas.

Rematado o prazo e sen que houbese ningunha reclamación presentada, esta consellería de acordo coa proposta de resolución elaborada pola comisión de selección das bolsas de especialización para a realización de estudios no campo da pesca,

DISPÓN:

Artigo 1º.-Acórdase concederlles unha bolsa de especialización para a realización de estudios no campo da pesca ás persoas que a continuación se relacionan. Os beneficiarios aparecen ordenados por orde decrecente segundo a puntuación acadada:

ApelidosNomeDNIPuntos

Palmón DíazMyrian34.260.141-P9

Sinde CantornaAna Isabel33.295.840-M8

Artigo 2º.-Decláranse desertas as bolsas correspondentes á base 1ª.2.

Artigo 3º.-Os bolseiros deberán formaliza-la súa adscrición nun prazo de dez días desde a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, de non facelo perderán as bolsas, e quedarán, neste caso, desertas.

Artigo 4º.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 31 de xaneiro de 1996 suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Artigo 5º.-A presente disposición pon fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109.c da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 1996.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

2679