Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 18 de xuño de 1996 Páx. 6.010

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO de poxa (48/1996).

O/A xuíz/a do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira, fai saber que neste xulgado, baixo o número 48/1996 de rexistro, se segue procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, a instancia de Banco Zaragozano, S.A., representado polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, contra Carlos Osorio Justo, en reclamación de crédito hipotecario, nas actuacións do cal se acordou sacar a primeira e pública poxa, por termo de vinte días e prezo da súa taxación, o predio hipotecado que se dirá.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na Rúa do Carme, nº 3-baixo, desta vila,

o próximo día 19 de setembro do corrente ano, ás 12 horas, baixo as seguintes condicións:

1. O tipo do remate é de 34.000.000 de pesetas, fixado para tal efecto na escritura de préstamo, e non se admitirán ofertas que non cubran a dita suma.

2. Para tomar parte na poxa, os licitadores deberán consignar previamente na conta de depósitos e consignacións deste xulgado o vinte por cento do tipo do remate; sen este requisito non serán admitidos.

3. Poderá facerse o remate coa condición de ceder a un terceiro.

4. Desde o anuncio da poxa ata a súa celebración poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, depositando na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, xunto a aquel, o importe da consignación a que se refire a condición segunda ou xuntando o resgardo de tela feito no establecemento destinado para o efecto.

5. Os autos e a certificación rexistral están ó dispor do público na secretaría, e os licitadores deberán aceptar como bastante a titulación, sen que poidan esixir outros títulos.

6. As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, continuarán subsistentes e sen cancelar; enténdese que o rematante as acepta e queda subrogado na responsabilidade delas, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de resultar deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o próximo día vinteún de outubro ás 12 horas na sala de audiencia deste xulgado, nas mesmas condicións que a primeira, agás o tipo de remate, que será do 75% do da primeira; e, en caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 22 de novembro ás 12 horas na sala de audiencia deste xulgado, na a que rexen as restantes condicións fixadas para a segunda.

O predio obxecto de poxa é o seguinte:

-Predio número 14.385 do Rexistro da Propiedade de Negreira, situado nos Ánxeles de Brión (A Coruña), inscrito no tomo 720, libro 135, folio 216.

Valoración para efectos de poxa: trinta e catro millóns de pesetas (34.000.000).

Para xeral coñecemento, expídese o presente edicto en Negreira, vintetrés de abril de mil novecentos noventa e seis.

O maxitrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

9603667