Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 16 de xullo de 1996 Páx. 6.917

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 9 de xullo de 1996 pola que se resolve a convocatoria de libre designación, anunciada por Orde do 13 de maio de 1996.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Economía e Facenda, por Orde do 13 de maio de 1996 (DOG nº 103, do 27 de maio de 1996) e corrección de erros (DOG nº 110, do 5 de xuño de 1996), no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º, e de conformidade co disposto no artigo 27 da referida lei, modificado polo artigo 6 da Lei 3/1995, do 10 de abril; visto o Decreto 93/91, do 20 de marzo, e demais normativa vixente, esta consellería dispón:

Primeiro.-Designa-los funcionarios que se citan no anexo desta orde para ocupa-los postos que así mesmo se sinalan.

Segundo.-O cesamento nos actuais destinos efectuarase segundo o previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días a partir do seguinte ó da publicación da presente orde no DOG.

A toma de posesión deberá facerse no prazo de tres días a partir do día seguinte ó do cesamento, ó tratarse de postos radicados na mesma localidade.

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro onde causen alta os funcionarios efectuará, dentro dos prazos sinalados anteriormente, as dilixencias de toma de posesión e seguidamente serán realizados os trámites para a súa alta en nómina.

Das dilixencias efectuadas serán remitidas copias á Dirección Xeral da Función Pública e á Inspección Xeral de Servicios.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recur

so contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación a esta consellería da vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 1996.

P.D. (O. 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio

ANEXO

N.R.P.: 3240962057 A2060

Grupo: A

Apelidos e nome: Morán García, Manuel José

Denominación do posto: subdirector xeral de Asuntos Relacionados coa U.E.

Nivel: 30

Complemento E.: 2.229.156

Centro directivo: D.X. Planificación Económica e Relacións coa U.E.

Localidade: Santiago de Compostela.

N.R.P.: 7656649557 A2060

Grupo: A

Apelidos e nome: Romero Rodríguez, Pilar

Denominación do posto: X. Servicio de Cooperación Institucional.

Nivel: 28A

Complemento E.: 1.639.104

Centro directivo: D.X. Planificación Económica e Relacións coa U.E.

Localidade: Santiago de Compostela.

N.R.P.: 1056287368 A2060

Grupo: A

Apelidos e nome: García Quince, Pilar

Denominación do posto: X. Servicio de Estudios e Conxuntura Económica.

Nivel: 28A

Complemento E.: 1.639.104

Centro directivo: D.X. Planificación Económica e Relacións coa U.E.

Localidade: Santiago de Compostela.

5138