Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 16 de xullo de 1996 Páx. 6.928

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 1996, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Ourense, pola que se anuncia a publicación das bases definitivas da concentración parcelaria de Novás-Gudín (Xinzo de Limia-Ourense).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Novás-Gundín (Xinzo de Limia-Ourense), declarada de utilidade pública e interese social a urxente execución da zona polo decreto da Xunta de Galicia nº 44/1993, do 19 de febreiro (Diario Oficial de Galicia nº 40

do 1 de marzo de 1993), que a xunta local da zona, na súa reunión do 9 de maio de 1996, decidiu a exclusión da parroquia de Gundín dos traballos da concentración e polo tanto, aproba-las bases definitivas da zona, correspondente ás terras da parroquia de Novás, que estarán expostas ó público na Casa do Concello de Xinzo de Limia e nos lugares de costume da parroquia durante o prazo de trinta días hábiles, contados desde o seguinte ó da última inserción desta resolución no Diario Oficial de Galicia, no BOP e no xornal de maior circulación desta, de conformidade co establecido no Art. 36 da Lei 10/1985, de 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia.

Os documentos, que se poden examinar nos locais sinalados, refírense á determinación do perímetro (colección de planos coas parcelas incluídas e excluídas e relación destas), á clasificación das terras e fixación de coeficientes que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias, así como a determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas, das que se declara formalmente a titularidade.

Contra estas bases os interesados poden, interpoñe-lo recurso de alzada perante o Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, dentro do prazo de trinta días sinalados, nesta Xefatura de Estructuras e Desenvolvemento Rural (rúa Curros Enríquez, 1-6º, Ourense), ou nas oficinas centrais da consellería (edificios administrativos San Caetano, Santiago de Compostela), así como en calquera das dependencias a que se refire o Art. 66 da Lei de procedemento administrativo. Para este efecto, deberán expresar no escrito no que se promova a reclamación un domicilio dentro do térmo municipal de que se trate e, se ó caso, a persoa residente nel a quen se lle teñan que face-las notificacións.

Ourense, 9 de maio de 1996.

Francisco Marín Muñoz

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural

5171