Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 16 de xullo de 1996 Páx. 6.929

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 1996 pola que se fai pública a adxudicación da contratación, polo sistema de concurso aberto, do servicio de vixilancia encargado da seguridade das instalacións da sede central do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que por resolución do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 17 de xuño de 1996, adoptada en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 6 de abril de 1995, foille adxudicado o contrato á empresa 3S Vigilancia y Protección, S.A., por un importe de dez millóns corenta e oito mil oitocentas vinteoito pesetas (10.048.828), IVE incluído, para un prazo de execución de dous anos.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 1996.

José A. Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

5389