Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 17 de xullo de 1996 Páx. 6.952

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 1996, da Inspección Xeral de Servicios, pola que se anuncia a contratación da asistencia técnica que ten por obxecto o apoio técnico ós procesos informáticos integrantes dos plans de reforma administrativa de competencia da Inspección Xeral de Servicios da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia, polo sistema de procedemento aberto mediante concurso público polo trámite de urxencia.

1. Obxecto do contrato: contratación de asistencia técnica que ten por obxecto o apoio técnico ós procesos informáticos integrantes dos plans de reforma administrativa de competencia da Inspección Xeral de Servicios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, polo sistema de procedemento aberto mediante concurso público polo trámite de urxencia.

2. Prazo de execución: os traballos obxecto da contratación levaranse a cabo ata o 31 de decembro de 1996.

3. Orzamento: 9.520.679 pesetas.

4. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá examinarse, durante o prazo de presentación de proposicións nos días hábiles e horas de oficina, na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública sita na segunda planta do edificio central de San Caetano en Santiago de Compostela.

5. Garantía provisional: 190.413 pesetas.

6. Garantía definitiva: 380.827 pesetas.

7. Clasificación: grupo III, subgrupo 3, categoría B.

8. Modelo de proposición: a proposición económica axustarase estrictamente ó modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobres pechados e lacrados na forma indicada no prego de cláusulas administrativas particulares. Deberán presentarse no rexistro xeral da Xunta de Galicia sito na planta baixa do edificio central de San Caetano en Santiago de Compostela ata as 14 horas do día de xullo de 1996.

10. Apertura de proposicións: terá lugar ás 10 horas do día 1 de agosto, en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia

e Administración Pública sita no semisoto do edificio central de San Caetano en Santiago de Compostela.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario, importe que deberá aboar con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 1996.

Jaime Bouzada Romero

Inspector xeral de Servicios

5237