Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 17 de xullo de 1996 Páx. 6.952

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 1996, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se fai público o cambio de titularidade da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada a feiras e mercados: F-2123; XG-183, de Mondoñedo a Lugo, a Vilalba e a Meira, e ampliación de Mondoñedo a Lourenzá e a Cospeito.

O acordo directivo do 11 de xaneiro de 1996 autorizou a transmisión da concesión de referencia a favor de Autocares Rivas Rodríguez, S.L. por cesión do seu anterior titular, José María Fraiz Marful.

O que se publica unha vez cumpridos os requisitos a que se condicionou a dita autorización, quedando

subrogado o novo concesionario nos dereitos e obrigas da concesión.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 1996.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

5222