Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 17 de xullo de 1996 Páx. 6.959

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 2 xullo de 1996 pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración e instalación da ampliación da dotación de mobiliario para o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Frei Rosendo Salvado 16 baixo, 15701 Santiago de Compostela, teléfono (981) 54 11 87, fax (981) 59 04 67.

b) Número de expediente: CP nº 13/96.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: dotación de mobiliario para o Igape.

b) Número de unidades a entregar: as indicadas no prego de prescricións técnicas.

c) Lugar de entrega: a entrega farase nos Centros de Innovación e Servicios (CIS) na Península da Cabana, en Ferrol (A Coruña) e na sede do Igape en Santiago de Compostela, r/ Frei Rosendo Salvado, 16, en función do destino do mobiliario segundo se indica no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de entrega: 45 días naturais contados desde o seguinte ó da formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 12.850.000 ptas. (IVE incluído).

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento base de licitación: 257.000 ptas.

6. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Economica (Igape). Os interesados poden retirar copia dos pregos en Copynino, Santiago de Compostela, r/ Xeneral Pardiñas 2, teléfono (981) 58 89 38.

b) Domicilio: r/ Frei Rosendo Salvado, 16 baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701 A Coruña.

d) Teléfono: (981) 54 11 87.

e) Telefax: (981) 59 04 67.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: non se require clasificación.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do día 22 de agosto de 1996.

b) Documentación que cómpre presentar: á indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data de imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: si.

9. Apertura das ofertas: ás 9 horas do día tres de setembro de 1996, no Instituto Galego de Promoción Económica, sito en r/ Frei Rosendo Salvado, 16, Santiago de Compostela.

10. Gastos de anuncios. Os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 1996.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

5077