Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 17 de xullo de 1996 Páx. 6.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 18 de xuño de 1996, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle promovido por Fernando Merelas Iglesias, para reaxuste das aliñacións do tramo da Rúa do Lagarto, Pastoriza, Arteixo, comprendido entre as parcelas de numeración catastral 35.804.18, 19, 01, 02 e 03, así como as 06 e 07 do nº 35.828, que queda sometido a información pública por prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte á aparición do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal as persoas interesadas poderá examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avda. do Balneario, nº 10, 1º, Arteixo, e presenta-las alegacións que coiden convenientes.

Arteixo, 5 de xullo de 1996.

Manuel Pose Miñones

Alcalde

4287