Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 95, Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Santa Lucía.
Situación: Monforte de Lemos.
Descricións técnicas: liñas de media tensión a 20 kV en conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 788 metros, sobre apoios de formigón. Centro de transformación tipo intemperie de 50 kVA 20.000/380-220 V, en apoyo de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50-25, cunha lonxitude de 190 metros para mellora do servicio eléctrico en Santa Lucía, concello de Monforte de Lemos.
Orzamento: 4.550.000 pesetas.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, nas que as características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Lugo, 21 de maio de 1996.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
5195