Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 07 de agosto de 1996 Páx. 7.543

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 95/205-2-4.463 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 95, Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Santabaia.

Situación: Taboada.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV en conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 968 metros, sobre apoios de formigón. Centro de transformación tipo intemperie de 50 kVA 20.000/380-220 V, sobre poste de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50-25 mm Al, cunha lonxitude de 292 metros, para mellora do servicio eléctrico en Santabaia, no concello de Taboada.

Orzamento: 4.947.655 pesetas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, nas que as características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Lugo, 23 de maio de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9605204