Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 07 de agosto de 1996 Páx. 7.544

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/7-2-4.472 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: desvío Inst. Eléct. variante CN-540 Lugo-Portugal.

Situación: Chantada.

Descricións técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, con orixe no apoio nº 1 da L.M.T. a C.T. convento e rematará no apoio nº 3, en conductor LA-56, cunha lonxitude de 218 metros, sobre apoios de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50-25, tensados sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachadas, coa finalidade de modifica-las instalacións afectadas pola variante de Chantada CN-540 de Lugo a Portugal por Ourense p.k. 53,2, no concello de Chantada.

Orzamento: 4.169.534 pesetas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, nas que as características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figu

ran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Lugo, 27, de maio de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5916