Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 08 de agosto de 1996 Páx. 7.567

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 29 de xullo de 1996 pola que se convocan axudas para a toma de participación no capital social de sociedades mercantís.

O Decreto 255/1996, do 14 de xuño, polo que se establece un réxime de axudas para a toma de participación no capital social de sociedades, establece liñas de axuda tendentes a fomenta-la toma de participación ou a adquisición do capital social de sociedades por traballadores ou socios destas, así como por empresas pertencentes ó mesmo sector ou outros complementarios, con obxecto de reestructura-la empresa e mellora-la súa competitividade, concentra-los dereitos de voto e a administración efectiva ou ben obter vantaxes competitivas, segundo sexa o caso.

O artigo 2 do decreto mencionado establece que lle corresponde á Consellería de Economía e Facenda a aprobación das distintas convocatorias de axudas, onde se establecerán aquelas disposicións relativas á delimitación do ámbito de aplicación, beneficiarios, actividades, importe e condicións destas, así como os prazos de presentación, modelos e demais trámites para a concesión.

Por todo iso, en virtude das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Pola presente orde convócanse e desenvólvense os programas de axuda de fomento da toma de participación no capital social de sociedades mercantís por traballadores ou socios destas, así como por empresas pertencentes ó mesmo sector ou outros complementarios, establecidos mediante o Decreto 255/1996, do 14 de xuño, polo que se establece un réxime de axudas para a toma de participación no capital social de sociedades.

Artigo 2º.-Xestión e concesión das axudas.

A concesión e xestión das axudas previstas nesta orde efectuaraa o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) con cargo ás súas aplicacións orzamentarias, 0223 71150 77001 (axudas Art. 4), 0223 71151 77000 (axudas Art. 5), 0223 71152 77000 (axudas Art. 6), 0223 71153 77000 (axudas Art. 7), 0223 71154 77000 (axudas Art. 8), quedando subordinada a súa concesión en exercicios futuros ás dispoñibilidades orzamentarias que anualmente establezan. En todo momento a concesión das axudas previstas estará suxeita á existencia de créditos orzamentarios suficientes.

Artigo 3º.-Requisitos das sociedades participadas.

Para poder acceder ás axudas previstas nesta orde, as sociedades no capital das cales se vai tomar participación han de cumpri-los seguintes requisitos:

A) Que revistan a forma xurídica de sociedade de responsabilidade limitada ou sociedade anónima

que non teña o carácter de sociedade anónima laboral.

B) Que realicen algunha das seguintes actividades económicas:

a) Extracción, procesamento, transformación e comercialización das produccións agrícolas, pesqueiras, gandeiras e forestais.

b) Extracción, procesamento, transformación e comercialización de minerais ou os seus derivados.

c) Industria transformadora, comercio, turismo, artesanía e servicios de apoio industrial.

d) A creación de redes de abastecemento, transporte, distribución e comercialización.

e) As actividades de electrónica, biotecnoloxía, robótica, telecomunicación e calquera outra de avanzada tecnoloxía.

f) Investigación técnica e aplicada, innovación e desenvolvemento tecnolóxico, normalización e homologación, control e mellora da calidade levadas a cabo por calquera ente público ou privado.

g) Fabricación ou comercialización de bens de equipo ou unidades productivas relacionados con calquera das devanditas actividades.

C) Que teñan o seu domicilio social e/ou o centro principal da súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, agás cando o obxecto das axudas sexa a participación no capital social de sociedades pertencentes ó seu mesmo sector ou outros complementarios co obxecto de obter vantaxes competitivas.

D) No caso de subvencións a fondo perdido ós traballadores de sociedades en procesos de reestructuración para a toma de participación nas ampliacións do capital social destas, será necesario que, na data da subscrición da ampliación de capital incentivada, a sociedade teña máis de 25 traballadores.

E) Que a participación no capital sexa adquirida mediante participacións ou accións nominativas.

F) Que as súas accións non estean admitidas a cotización en mercados de valores.

G) Nos casos en que o Igape o xulgue de especial interese socioeconómico, poderá facerse excepcións no cumprimento dos requisitos anteriores.

Artigo 4º.-Subvención á adquisición de capital social polos traballadores.

4.1. Poderánselles conceder subvencións a fondo perdido ós traballadores actuais ou futuros de sociedades en proceso de reestructuración para a toma de participación minoritaria no capital social destas, de acordo cos seguintes requisitos:

a) A ampliación de capital da sociedade para a que se solicita a axuda ha de estar integrada nun plan de reestructuración da empresa aprobado pola Comisión Delegada da Xunta de Galicia para Asun

tos Económicos ou o Igape e os fondos provenientes da ampliación de capital deberán destinarse ás accións consideradas no dito plan.

b) A ampliación de capital incentivada deberá realizarse mediante a emisión de novas accións ou participacións nas que o contravalor consista en achegas en diñeiro.

c) En ningún caso a participación no capital social do conxunto dos traballadores que se incorporen como socios poderá superar un tercio deste unha vez efectuada a ampliación.

d) Deberán participar na ampliación un número de traballadores que representen ou vaian representar polo menos o 51% do cadro de persoal da empresa en reestructuración.

e) A parte de capital social subscrita polos traballadores que se acollan ás axudas previstas nesta orde deberá ser desembolsada nun 100% no momento da formalización do aumento do capital social, agás a que quede cuberta pola subvención concedida.

f) Os beneficiarios das subvencións reguladas neste artigo deberán mante-la titularidade da parte de capital social subscrita durante o prazo mínimo de 3 anos a partir da inscrición da ampliación de capital incentivada no Rexistro Mercantil, non podendo a sociedade efectuar reduccións de capital que teñan por finalidade restituí-las súas achegas durante o dito prazo.

g) Non obstante o disposto no apartado anterior, no caso de cesamento na relación laboral coa sociedade que non sexa por vontade do traballador durante o período descrito de 3 anos, poderase admiti-la transmisión da participación subscrita sen incorrer en causa de perda da subvención, cando a dita transmisión se lle efectúe a outro traballador da sociedade que non tivese a condición de socio, podendo este último subrogarse na titularidade do préstamo subsidiado que, se é o caso, formalizase o primeiro, ou ben cando as súas accións ou participacións sexan adquiridas pola propia sociedade, respectándose en todo caso os límites de autocarteira legalmente previstos.

4.2. Beneficiarios.

Poderan ser beneficiarios os traballadores que presten ou vaian presta-los seus servicios en virtude de contrato laboral por un período contractual mínimo de tres anos, naquelas empresas en proceso de reestructuración que realicen ampliacións de capital que se consideren incentivables.

4.3. Contía das axudas.

a) O Igape poderalle conceder a cada traballador unha subvención a fondo perdido de ata un 25% do importe que teña subscrito na ampliación de capital considerada incentivable.

b) Será subvencionable por cada traballador un importe máximo de subscrición de capital de

500.000 ptas., con independencia do importe efectivamente subscrito na ampliación.

c) Para os efectos da aplicación dos límites previstos neste artigo computarase como importe de subscrición tanto o correspondente a capital social como a prima de emisión, se é o caso.

4.4. Procedemento.

4.4.1. Presentación de solicitudes.

As solicitudes de subvención dirixiranse ó Igape conforme o modelo que se incorpora como anexo I á presente orde, e deberán inclui-la documentación relacionada a continuación, sempre que a dita documentación non constase xa, actualizada, no Igape:

A) Documentación referente á sociedade que amplía o seu capital:

a) Copia da escritura de constitución e estatutos debidamente rexistrados, así coma se é o caso, das súas modificacións posteriores.

b) Fotocopia da tarxeta de persoas xurídicas e entidades en xeral e da alta no Imposto de Actividades Económicas, así como do último recibo de pagamento por este imposto.

c) Certificación dos administradores ou do secretario do consello de administración co visto e prace do presidente na que se faga constar:

-Composición actual do órgano de administración da sociedade.

-Importe actual do capital social e detalle dos accionistas (indicando nome ou razón social e a porcentaxe de participación).

d) Certificación do secretario da xunta xeral co visto e prace do presidente, na que se faga consta-la aprobación do acordo de ampliación de capital e a distribución deste, así como a exclusión do dereito de subscrición preferente dos socios actuais na parte que corresponda, nos termos do artigo 159 da Lei de sociedades anónimas ou do artigo 76 da Lei de sociedades de responsabilidade limitada.

e) Certificación do secretario da xunta xeral co visto e prace do presidente no que se faga consta-la adopción do acordo pola sociedade de non proceder a efectuar reduccións de capital subvencionado que teñan por finalidade a devolución de achegas durante o prazo mínimo de 3 anos a partir da inscrición da ampliación de capital incentivada no rexistro mercantil.

f) Certificación do representante legal da sociedade onde conste a relación nominal dos traballadores actuais da empresa e o prazo de vixencia dos seus contratos laborais.

g) Contratos de traballo proforma dos traballadores que se pretenda contratar.

h) Conta corrente da sociedade designada para os efectos dos desembolsos da ampliación de capital

e certificación bancaria sobre a titularidade da dita conta.

i) Certificación emitida polo rexistro mercantil das contas anuais completas e, se é o caso, dos informes de auditoría alí depositados, correspondentes ós dous últimos exercicios.

i) Plan estratéxico e de reestructuración asinado polo representante legal da empresa sobre a viabilidade técnica, económica e financeira a longo prazo da empresa, sobre a base dunhas perspectivas obxectivas en canto as súas futuras condicións de funcionamento. No dito plan debe especificarse o destino dos fondos da ampliación de capital.

B) Documentación referente a cada traballador que solicite as axudas previstas:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade e número de identificación fiscal.

b) Certificados de que está ó corrente nas súas obrigas fiscais e fronte á Seguridade Social, emitidos polos organismos competentes.

c) Acreditación de que o beneficiario non ten contraída débeda ningunha coa Xunta de Galicia.

d) Compromiso de subscribi-la participación que se lle asigna na ampliación de capital se lle é concedida a axuda prevista neste artigo e, no caso de que non fose traballador da sociedade, que sexa contratado por esta.

C) Calquera outra documentación que o Igape considere conveniente para os efectos da análise da solicitude.

4.4.2. Resolución.

O Igape, en vista da documentación anterior e con base nos requisitos e condicións establecidos, resolverá sobre a cualificación da ampliación de capital como incentivable ou non ó amparo desta orde e sobre a concesión das axudas previstas ós traballadores que as solicitasen.

A resolución que se dicte seralles notificada á sociedade e ós solicitantes. No caso de resolución de concesión, os solicitantes deberanlle manifesta-la súa aceptación ó Igape no prazo de quince días desde a notificación, entendendo que renuncian á subsidiación no caso de non se recibi-la dita aceptación.

As solicitudes de axuda ó amparo desta orde que non fosen resoltas no prazo de tres meses consideraranse desestimadas.

A resolución de concesión das axudas estará condicionada a que, dentro do prazo máximo de seis meses desde a súa notificación á sociedade, se acredite ante o Igape que teñan participado na ampliación un número de traballadores de, polo menos, o 51% do cadro de persoal da sociedade en reestructuración e se procedeu á contratación efectiva dos traballadores incluídos na solicitude, se é o caso, por un prazo mínimo contractual de tres anos.

O prazo de seis meses poderá ser prorrogado, logo de solicitude motivada da sociedade ó Igape, noutros seis meses.

4.4.3. Pagamento da subvención.

Unha vez formalizada a escritura pública de ampliación de capital onde conste a participación de, como mínimo, o 51% dos traballadores da sociedade e o desembolso da parte do capital non cuberta pola subvención, e unha vez acreditada a contratación efectiva da totalidade dos traballadores incluídos na solicitude nas condicións establecidas na presente orde, procederase ó pagamento da subvención mediante o seu ingreso na conta da sociedade designada para os efectos da ampliación de capital, imputándoselle o dito pagamento á parte do desembolso da ampliación de capital que corresponda ó beneficiario.

En todo caso, dentro do prazo de tres meses desde o pagamento da subvención deberá presentarse ó Igape certificación da inscrición rexistral da ampliación de capital subvencionada.

4.4.4. Tramitación conxunta dos expedientes.

Naqueles casos en que o número de solicitantes sexa elevado, o Igape poderá acordar coa sociedade ou os traballadores fórmulas de colaboración para a tramitación conxunta dos expedientes.

Artigo 5º.-Subsidiación dos xuros dos préstamos concertados polos traballadores.

Poderase subsidia-lo tipo de xuro das operacións de préstamo que os beneficiarios das subvencións establecidas no artigo anterior concerten con entidades financeiras para o financiamento da participación en capital non cuberta pola subvención a fondo perdido, debendo en todo caso cumprirse os requisitos establecidos no dito artigo para a concesión de subvencións.

No caso de que os traballadores pretendan acollerse a esta axuda, ademais da documentación esixida no artigo anterior, deberán presentar unha instancia de solicitude conforme o modelo que se incorpora como anexo I, que deberá ser asinada e selada pola entidade financeira concedente do préstamo para o que solicita a subsidiación, acompañada da proposta de concesión do préstamo pola dita entidade financeira, segundo o modelo que se incorpora como anexo II.

Adicionalmente será de aplicación para a concesión destas axudas o disposto nos apartados 6.1 e), 6.3 e 6.4.2. do artigo seguinte.

Artigo 6º.-Subsidiación ó tipo de xuro dos préstamos concertados polo persoal de sociedades, destinados ó financiamento da adquisicióin da maioría do seu capital social.

6.1. Poderase subsidia-lo tipo de xuro dos préstamos que se concerten con entidades financeiras destinados a financia-la adquisición maioritaria do capital social de sociedades en procesos de reor

ganización da súa estructura accionarial, polos traballadores actuais destas, preferentemente o seu persoal directivo, de acordo cos seguintes requisitos:

a) Ha de tratarse da adquisición ós actuais socios de capital social da empresa.

b) A adquisición do capital social ha de supoñer que o beneficiario ou beneficiarios posúan individual ou conxuntamente a maioría dos dereitos de voto da sociedade.

c) O importe máximo de adquisición de capital subsidiado será o que resulte necesario para alcanza-la maioría dos dereitos de voto da sociedade.

d) A adquisición do capital social da empresa polos traballadores ha de estar integrada nun plan de reorganización da estructura accionarial da empresa aprobado pola Comisión Delegada da Xunta de Galicia para Asuntos Económicos ou o Igape.

e) Os beneficiarios das subvencións reguladas neste artigo deberán mante-la titularidade da parte de capital social adquirida durante o prazo mínimo de 3 anos a partir da data da transmisión da participación, non podendo a sociedade efectuar reduccións de capital que teñan por finalidade restituí-las súas achegas durante o dito prazo. Unha vez transcorrido o mencionado prazo de 3 anos, no caso de que o beneficiario transmita o capital, perderá o dereito á subsidiación do Igape a partir da data de transmisión.

f) Non obstante o disposto no apartado anterior, en caso de cesamento na relación laboral coa sociedade que non sexa por vontade do traballador durante o período descrito de 3 anos, poderase admiti-la transmisión da participación subscrita sen incorrer en causa de perda da subvención, cando a dita transmisión se lle efectúe a outro traballador da sociedade que non tivese a condición de socio e este último se subrogue na titularidade do préstamo subsidiado, ou ben cando as súas accións ou participacións sexan adquiridas pola propia sociedade, respectándose en todo caso os límites de autocarteira legalmente previstos.

g) No caso de que por calquera causa o beneficiario ou beneficiarios da subsidiación perderan individual ou conxuntamente a maioría dos dereitos de voto da sociedade, perderase o dereito á subsidiación a partir do momento en que isto se producise.

6.2. Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios os traballadores, preferentemente persoal directivo, que presten os seus servicios en virtude de relación laboral nas sociedades en proceso de reestructuración do capital que vaian adquirir.

6.3. Contía das axudas e prazo de subsidiación.

A subsidiación poderá alcanzar ata cinco puntos porcentuais, sen que en ningún caso o tipo de xuro nominal para o beneficiario, despois de descontada a subsidiación, resulte inferior a catro puntos.

A subsidiación non superará os sete primeiros anos de vixencia do préstamo.

6.4. Procedemento.

6.4.1. Presentación de solicitudes.

As solicitudes de subsidiación dirixiranse ó Igape conforme o modelo que se incorpora como anexo I á presente orde, que deberá ser asinado e selado pola entidade financeira, e deberán incluí-la documentación relacionada a continuación, sempre que a dita documentación non constase xa, actualizada, no Igape:

A) Documentación referente á sociedade da que se adquire capital:

a) Copia da escritura de constitución e estatutos debidamente rexistrados, así como, se é o caso, das súas modificacións posteriores.

b) Fotocopia da tarxeta de persoas xurídicas e entidades en xeral e da alta no imposto de actividades económicas, así como do último recibo pagamento por este imposto.

c) Certificación dos administradores ou do secretario do consello de administración co visto e prace do presidente na que se faga constar:

-Composición actual do órgano de administración da sociedade.

-Importe actual do capital social e detalle dos accionistas (indicando nome ou razón social e a porcentaxe de participación).

c) Certificación emitida polo rexistro mercantil das contas anuais completas e, se é o caso, dos informes de auditoría alí depositados, correspondentes ós dous últimos exercicios.

d) Plan estratéxico e de reorganización asinado polo representante legal da sociedade sobre a viabilidade técnica, económica e financeira a longo prazo da empresa sobre a base dunhas perspectivas obxectivas en canto ás súas futuras condicións de funcionamento, indicando a nova estructura accionarial proxectada.

e) Renuncia dos actuais accionistas do seu dereito de adquisición preferente e compromiso de transmitir en favor dos traballadores o importe de capital social proxectado para a participación destes.

f) Xustificante debidamente referendado do emprego existente antes da reorganización accionarial: documento de cotización TC do último mes e certificación da empresa na que se indique o cargo que ocupa cada un dos solicitantes da subsidiación, no caso de persoal directivo, asinada polo órgano competente.

g) Certificación do secretario da xunta xeral co visto e prace do presidente no que se faga consta-la adopción do acordo pola sociedade de non proceder a efectuar reduccións de capital subvencionado que teñan por finalidade a devolución de achegas durante o prazo mínimo de 3 anos a partir da data de transmisión das participacións de capital.

B) Documentación referente a cada traballador que solicite as axudas previstas:

a) Proposta de concesión do préstamo pola dita entidade financeira, segundo o modelo que se incorpora como anexo II.

b) Fotocopia do documento nacional de identidade e número de identificación fiscal.

c) Certificados de que está ó corrente nas súas obrigas fiscais e fronte á Seguridade Social, emitidos polos organismos competentes.

d) Acreditación de que o beneficiario non ten contraída débeda ningunha coa Xunta de Galicia.

C) Calquera outra documentación que o Igape considere conveniente para os efectos da análise da solicitude.

6.4.2. Tramitación conxunta dos expedientes.

Naqueles casos en que o número de solicitantes sexa elevado, o Igape poderá acordar coa sociedade ou cos traballadores fórmulas de colaboración para a tramitación conxunta dos expedientes.

Artigo 7º.-Subsidiación ó tipo de xuro dos préstamos destinados ó financiamento da adquisición de capital de sociedades.

7.1. Poderase conceder subsidiación ó tipo de xuro de préstamos destinados a financia-la adquisición por empresas do capital de sociedades pertencentes ó mesmo sector ou a outros complementarios sempre que, a xuízo do Igape, da dita participación se deriven vantaxes competitivas para as empresas participantes e as sociedades participadas, de acordo cos seguintes requisitos:

a) Ha de tratarse da adquisición ós actuais socios de capital social da empresa.

b) Como resultado da adquisición de capital, o beneficiario deberá pasar a ter unha participación directa no capital social da sociedade participada que lle permita unha presencia significativa nos órganos de goberno e que en ningún caso será inferior ó, 5%.

c) Será subsidiable como máximo un importe de adquisición de capital social de 500 millóns de pesetas. O Igape poderá acordar límites superiores en función do interese socio-económico da operación.

d) Os beneficiarios das subsidiacións reguladas neste artigo deberán mante-la titularidade da parte de capital social adquirida durante o prazo mínimo de 3 anos a partir da data da transmisión da participación, non podendo a sociedade efectuar reduccións de capital que teñan por finalidade restituí-las súas achegas durante o dito prazo. Unha vez transcorrido o mencionado prazo de tres anos, no caso de que o beneficiario transmita o capital perderá o dereito á subsidiación do Igape a partir da data de transmisión.

7.2. Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios as sociedades con domicilio social e centro principal da súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia que sexan per

tencentes ó mesmo sector ou a sectores complementarios ó da sociedade da que se vaia adquirir capital social, podendo esta última estar domiciliada fóra do territorio da Comunidade Autónoma.

7.3. Contía das axudas.

A subsidiación poderá alcanzar ata catro puntos porcentuais, sen que en ningún caso o tipo de xuro nominal para o beneficiario unha vez descontada a subsidiación, resulte inferior a catro puntos.

A subsidiación non superará os sete primeiros anos de vixencia do préstamo.

7.4. Presentación de solicitudes.

As solicitudes de subvención dirixiranse ó Igape, conforme o modelo que se incorpora á presente orde como anexo I, que deberá ser asinado e selado pola entidade financeira, e deberán incluí-la documentación relacionada a continuación, sempre que a dita documentación non constase xa, actualizada, no Igape:

A) Proposta de concesión do préstamo pola dita entidade financeira, segundo o modelo que se incorpora como anexo II.

B) Documentación referente á empresa beneficiaria das axudas que vai toma-la participación:

a) Documentación acreditativa das súas circunstancias persoais: no caso de que sexa persoa física: fotocopia do documento nacional de identidade e número de identificación fiscal e no caso de que sexa unha persoa xurídica: fotocopia da tarxeta de identificación fiscal e copia da escritura ou documento de constitución e estatutos inscritos no rexistro correspondente, así como as súas modificacións posteriores.

b) Fotocopia da alta no imposto de actividades económicas e último recibo de pagamento por este imposto.

c) Certificación emitida polo rexistro mercantil das contas anuais completas e, se é o caso, do informe de auditoría alí depositados, correspondentes ós dous últimos exercicios.

d) Certificados de que está ó corrente nas súas obrigas fiscais e fronte á Seguridade Social, emitidos polos organismos competentes.

e) Certificación de que o beneficiario non ten contraída débeda ningunha coa Xunta de Galicia.

C) Documentación referente á sociedade participada:

a) Copia da escritura de constitución e estatutos debidamente rexistrados, así como das súas modificacións posteriores.

b) Se é o caso, fotocopia da alta no imposto de actividades económicas e último recibo de pagamento por este imposto.

c) Se é o caso, certificación emitida polo Rexistro Mercantil das contas anuais completas e, se é o caso, do informe de auditoría alí depositados, correspondentes ós dous últimos exercicios.

d) Certificación do secretario da xunta xeral co visto e prace do presidente no que se faga consta-la adopción do acordo pola sociedade de non proceder a efectuar reduccións de capital subvencionado que teñan por finalidade a devolución de achegas durante o prazo mínimo de 3 anos a partir da data de transmisión das participacións de capital.

D) Memoria descritiva asinada polo representante legal do solicitante sobre da adquisición de capital proxectada na que se farán constar, como mínimo, os seguintes extremos:

-Titularidade actual do capital social da sociedade participada e a súa distribución despois da adquisición.

-Importe e condicións da adquisición de capital proxectada.

-Vantaxes competitivas derivadas da integración prevista tanto para as empresas participantes como para as sociedades participadas.

E) Renuncia dos actuais accionistas do seu dereito de adquisición preferente e compromiso de transmitir en favor da empresa solicitante, o importe de capital social proxectado para a participación desta.

F) Calquera outra documentación que o Igape considere conveniente para os efectos da análise da solicitude.

Artigo 8º.-Axudas para favorece-la creación de maiorías de capital, especialmente na sucesión da empresa familiar.

8.1. Poderase subsidia-lo tipo de xuro dos préstamos concertados con entidades financeiras destinados á adquisición por un socio ou socios de participacións no capital social de acordo cos seguintes requisitos e condicións:

a) Ha de tratarse da adquisición ós actuais socios de capital social da empresa.

b) A adquisición da participación de capital social ha de supoñer que o beneficiario ou os beneficiarios conxuntamente adquiran a maioría dos dereitos de voto e poidan exerce-la administración efectiva da sociedade.

c) Terán preferencia aqueles casos en que a participación de capital social se adquira de socios que adquirisen a súa participación por sucesión hereditaria.

d) A adquisición do capital social da empresa polos socios ha de estar integrada nun plan de reorganización da estructura accionarial da empresa aprobado pola Comisión Delegada da Xunta de Galicia para Asuntos Económicos ou o Igape.

e) O importe máximo conxunto de adquisición de capital subsidiado será o que resulte necesario para alcanza-la maioría dos dereitos de voto e non poderá exceder de 500 millóns de pesetas. O Igape poderá acordar outros límites en función do interese socio-económico da empresa.

f) A solicitude e a adquisición da participación de capital social poderá facela directamente o socio ou socios ou ben indirectamente a través de socie

dades nas que estes teñan de forma directa ou indirecta participación maioritaria e a maioría dos dereitos de voto.

g) Os beneficiarios das subvencións reguladas neste artigo deberán mante-la titularidade da parte de capital social subscrita durante o prazo de vixencia da operación financeira subsidiada, non podendo a sociedade efectuar reduccións de capital que teñan por finalidade restituí-las súas achegas durante o dito prazo.

h) O socio beneficiario da subsidiación deberá exerce-las funcións de administración e dirección da sociedade participada durante o prazo de vixencia da subsidiación, salvo incapacidade debidamente xustificada.

i) No caso de que a maioría de capital se obteña por varios socios actuando conxuntamente, deberán contar cun pacto irrevogable de sindicación polo tempo que dure a subsidiación no que se comprenda o outorgamento de amplos poderes a favor dun deles para a dirección efectiva da sociedade.

8.2. Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios os socios actuais de sociedades que a través dunha adquisición de capital incentivable conforme a este artigo adquiran a maioría dos dereitos de voto e poidan exerce-la administración efectiva da sociedade na que participan.

No caso de que a adquisición da participación de capital social se realice indirectamente a través de sociedades nas que o socio ou socios teñan de forma directa ou indirecta participación maioritaria e a maioría dos dereitos de voto, de acordo co establecido no artigo 8.1, para os efectos de percepción da subsidiación terán a condición de beneficiarias estas sociedades, debendo se-las titulares do préstamo subvencionado.

8.3. Contía das axudas.

A subsidiación poderá alcanzar ata catro puntos porcentuais, sen que en ningún caso o tipo de xuro nominal para o beneficiario, unha vez de descontada a subsidiación, resulte inferior a catro puntos.

A subsidiación non superará os sete primeiros anos de vixencia do préstamo.

8.4. Presentación de solicitudes.

As solicitudes de subvención dirixiranse ó Igape, conforme o modelo que se incorpora á presente orde como anexo I, que deberá ser asinado e selado pola entidade financeira, e deberán incluí-la documentación relacionada a continuación, sempre que a dita documentación non constase xa, actualizada, no Igape:

A) Proposta de concesión do préstamo pola dita entidade financeira, segundo o modelo que se incorpora como anexo II.

B) Documentación referente ó socio que solicita as axudas:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade e número de identificación fiscal.

b) Certificado do órgano de administración acreditativo da súa condición de socio.

c) Certificados de que está ó corrente nas súas obrigas fiscais e fronte á Seguridade Social, emitidos polos organismos competentes.

d) Acreditación de que non ten contraída débeda ningunha coa Xunta de Galicia.

C) No caso de que a solicitude e a adquisición do capital se realice indirectamente a través de sociedades, de acordo co establecido no artigo 8.1, deberá presentarse ademais a seguinte documentación referida a estas:

a) Copia da escritura de constitución e estatutos debidamente rexistrados, así como, se é o caso, as súas modificacións posteriores.

b) Se é o caso, certificación emitida polo rexistro mercantil das contas anuais completas e do informe de auditoría alí depositados, correspondentes ós dous últimos exercicios.

c) A sinalada nas letras c) e d) do apartado B) anterior.

d) Certificado do órgano de administración comprensivo da composición do capital da sociedade ou sociedades intervenientes, de tal forma que quede acreditado o cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 8.1. f).

D) Documentación referente á sociedade da que se adquire capital:

a) Copia da escritura de constitución e estatutos debidamente rexistrados, así como das súas modificacións posteriores.

b) Fotocopia da alta no imposto de actividades económicas e do último recibo de pagamento por este imposto.

c) Certificación emitida polo Rexistro Mercantil das contas anuais completas e, se é o caso, dos informes de auditoría alí depositados, correspondentes ós dous últimos exercicios.

d) Certificación do secretario da xunta xeral co visto e prace do presidente, na que se faga consta-la adopción do acordo pola sociedade de non proceder a efectua-las reduccións de capital subvencionado que teñan por finalidade a devolución de achegas durante o prazo de vixencia da operación financeira subsidiada.

E) Memoria descritiva asinada polo solicitante sobre a adquisición de capital proxectada na que se fagan consta-los seguintes extremos:

-Titularidade actual do capital social e a súa distribución despois da adquisición.

-Importe e condicións da adquisición de capital proxectada.

G) Compromiso dos accionistas actuais de transmitir en favor do socio ou socios solicitantes o importe de capital social proxectado para a participación destes e documentación acreditativa da titularidade das súas participacións.

H) No caso de que sexan varios socios conxuntamente os que soliciten as axudas, pacto de sindicación irrevogable por todo o tempo de duración

da subsidiación no que se prevexa o outorgamento de poderes amplos a un deles para a dirección e administración da sociedade.

I) Cando a contía da participación que se vaia adquirir, individual ou conxuntamente, supere a cantidade de 100 millóns de pesetas, deberá achegarse un plan estratéxico e de reorganización sobre a viabilidade técnica, económica e financeira a longo prazo da empresa sobre a base dunhas perspectivas obxectivas en canto ás súas futuras condicións de funcionamento, indicando a nova estructura accionarial proxectada.

J) Calquera outra documentación que o Igape considere conveniente para os efectos da análise da solicitude.

Artigo 9º.-Disposicións comúns para a subsidiación ó tipo de xuro.

9.1. As operacións de préstamo subsidiadas terán que ser nas seguientes condicións:

Vixencia: máximo de 7 anos.

Carencia: 1 ano.

As entidades financeiras que concedan os préstamos subsidiados só permitirán a disposición dos fondos da operación financeira subsidiada para a subscrición ou adquisición de capital social aprobadas.

9.2. Resolución das solicitudes e aceptación polo beneficiario.

O Igape, en vista da documentación presentada e con base nos requisitos e condicións establecidos resolverá sobre a cualificación de adquisición de capital como incentivable ou non ó amparo destas e sobre a concesión das axudas previstas.

A resolución que se dicte seralles notificada ós solicitantes e á entidade financeira concedente do préstamo. No caso de resolución de concesión, os solicitantes deberán manifesta-la súa aceptación ó Igape no prazo de quince días desde a notificación, entendendo que renuncian á subsidiación no caso de non se recibi-la dita aceptación.

As solicitudes de axuda ó amparo desta orde que non fosen resoltas no prazo de tres meses consideraranse desestimadas.

9.3. Formalización.

Dentro do prazo máximo de 3 meses desde a súa notificación ós solicitantes, estes deberán concertar coas entidades financeiras as correspondentes operacións de préstamo e formaliza-la subscrición ou adquisición de capital proxectada.

O préstamo deberá recolle-la característica de estar acollido a esta orde e á axuda de que se trate.

9.4. Disposición.

Os beneficiarios das axudas deberanlle xustificar á entidade financeira prestamista á disposición dos fondos do préstamo, a súa aplicación ás finalidades para as que fose concedida, de acordo co establecido para cada unha das modalidades de axuda.

A disposición realizarase dunha soa vez nun prazo máximo dun mes desde a data da formalización do préstamo.

A entidade financeira deberá conservar copias cotexadas cos orixinais dos documentos que xustifiquen a aplicación do préstamo subsidiado ás finalidades para as que fose concedido, para a posterior remisión ó Igape xunto co extracto da conta específica asociada ó préstamo.

9.5. Pagamento da subsidiación.

Unha vez concertado o préstamo subsidiado e formalizada a subscrición ou adquisición de capital incentivable, procederase ó pagamento da subsidiación segundo o procedemento sinalado a continuación.

A entidade financeira deberalle remitir ó Igape unha certificación sobre o cumprimento das condicións do préstamo aprobado e a aplicación del á finalidade prevista, acompañada das copias cotexadas cos orixinais que o xustifiquen, así como do extracto da conta específica asociada ó préstamo e da copia da póliza ou escritura de préstamo, de acordo co exposto no artigo 9.4 anterior.

A entidade financeira, unha vez certificado o cumprimento, practicará semestralmente a liquidación da subvención segundo as datas de disposición e os saldos dispostos, presentando no Igape as ditas liquidacións os días 30 de xuño e 30 de decembro de cada ano. A liquidación da entidade financeira incluirá as subsidiacións devengadas no período semestral correspondente.

A entidade financeira aboaralle ó interesado o importe de cada liquidación con data valor do día en que reciba o abonamento dos fondos da subvención por parte do Igape.

9.6. Instrumentación.

As subsidiacións ó tipo de xuro previstas nesta orde poderán instrumentarse directamente cos beneficiarios ou mediante convenios coas entidades financeiras.

9.7. Valoración das accións ou participacións transmitidas.

Nos casos de adquisición de capital ós socios actuais, o valor máximo das accións ou participacións transmitidas que se terá en conta para a determinación do importe do préstamo, será o maior dos seguintes:

a) O teórico resultante do último balance aprobado.

b) O que resulte de multiplicar por 8 a media dos beneficios dos tres exercicios sociais pechados con anterioridade á data de solicitude.

Artigo 10º.-Incidencias posteriores.

Nos casos de incidencias ou modificacións nas operacións incentivadas ou no expediente de concesión das axudas, os beneficiarios deberán presentar no Igape unha petición motivada solicitando a aprobación das ditas modificacións. A resolución de modificación establecerá as novas condicións da axuda e, se é o caso, decretará o reintegro do indebidamente percibido ata ese momento.

O Igape resolverá sobre a dita solicitude no prazo máximo de dous meses, entendéndose que o trans

curso deste prazo sen resolver determina a desestimación da petición.

Artigo 11º.-Prestación de solicitudes.

As solicitudes de subvención presentaranse no rexistro xeral do Igape ou en calquera outra das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e consistirán na documentación sinalada nos artigos anteriores para cada programa.

Artigo 12º.-Ampliacións ou adquisicións de capital subvencionables.

Poderán ser subvencionables conforme a esta orde as ampliacións ou adquisicións de capital acordadas ou formalizadas a partir da súa entrada en vigor.

Artigo 13º.-Obrigas.

13.1. Os beneficiarios das axudas e as sociedades que realicen as ampliacións de capital incentivadas quedan obrigados a comunicarlle ó Igape calquera circunstancia ou eventualidade que poida afectar substancialmente á execución dos fins para os que foron concedidas.

13.2. Sen prexuízo dos mecanismos de control establecidos legalmente, a Consellería de Economía e Facenda e o Igape, ben directamente a través dos seus órganos, ou ben indirectamente a través das entidades que designen, poderán efectuar tódalas actuacións ou inspeccións que consideren convenientes para os efectos de comproba-la aplicación das axudas ás finalidades para as que foron concedidas e o cumprimento das condicións destas.

Artigo 14º.-Incumprimento.

Serán causas de perda da subvención, con obrigación de devolución do percibido e o pagamento dos xuros de demora correspondentes, as consignadas no artigo 78.5º da Lei 11/1992, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, así como o incumprimento das condicións ou obrigas establecidas na presente orde ou na resolución de concesión das axudas.

Artigo 15º.-Compatibilidade.

As axudas previstas neste decreto serán compatibles con calquera outra axuda ou subvención, sempre que non se superen os límites legalmente establecidos.

Disposición adicional

Correspóndelle ó Igape a facultade de dicta-las disposicións necesarias para a aplicación das axudas desta orde, así como para resolve-las dúbidas concretas que se susciten en aplicación desta.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 1996.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

9605758