Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 08 de agosto de 1996 Páx. 7.592

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PONTENOVA

ANUNCIO.

Marco Antonio García Sangil, licenciado en Dereito e secretario do Concello da Pontenova, certifico que o Pleno deste Concello, en sesión ordinaria, celebrada o día vinteseis de marzo de mil novecentos noventa e seis, adoptou, entre outros, o seguinte acordo, que copiado literalmente di:

«2º. Aprobación definitiva da modificación dotacional das normas subsidiarias municipais.

Visto o expediente instruído para a modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento na Pontenova.

Visto o proxecto redactado en decembro de 1995 que consta no expediente coa denominación modificación dotacional en NSP, que se presente a aprobación definitiva e na que se inclúen as seguintes modificacións:

1º Na zona de Boulloso, intermedio entre o río Eo e antiga vía férrea, desde a actual clasificación de SNU/EP e sistema xeral (S.G.) para espacio libre e dotacional (D. deportivo recreativo).

2º No cemiterio desde a actual clasificación como solo urbano residencial mixta, nuns 20 metros de

fondo coa vía de planeamento xeral de acceso a Goios e a ordenanza dotacional na restante profundidade de 10 metros, para completar 30 metros de fondo de alteración, a solo urbano con aplicación da ordenanza de centro diferenciado.

3º Supresión da vía de enlace do campo da feira a Goios, aplicándoselle a ordenanza residencial mixta ás cabeceiras da vía suprimidas e o resto do solo non urbanizable especialmente protexido.

Visto o informe favorable do 14 de marzo de 1996, emitido pola Subdirección Xeral de Urbanismo e Arquitectura, de conformidade co disposto no artigo 7 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegacións e distribución de competencias en materia de urbanismo.

Tras breve debate, o Pleno, en votación ordinaria e por oito votos a favor do grupo de goberno e dúas abstencións, polo tanto, coa maioría esixida no Art. 47.3º da Lei 7/1985, do 2 de abril, acordou:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto elaborado en decembro de 1995 de modificacións D. en N.S.P., sinalando que na modificación 1ª, na zona do Boulloso, o novo sistema xeral de espacios libres e dotacional que se crea nela non implicará a reclasificación dos terreos como solo urbano.

Segundo.-Levanta-la suspensión de licencias nas zonas de modificación acordadas polo Pleno do 4 de abril de 1995».

E para que así conste, coa excepción prevista no artigo 206 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, no sentido de que o borrador da acta expresada non foi sometido á súa aprobación, expido o presente anuncio co visto e prace do primeiro tenente de alcalde na Pontenova o vintesete de maio de mil novecentos noventa e seis.

Visto e prace

O primeiro tenente de alcalde

Rubricado

9604722