Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 09 de agosto de 1996 Páx. 7.635

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 19 de xuño de 1996, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente número 336 de clasificación do monte Cabral ou Baíñas, pertencente ós lugares de Baíñas e Val, parroquia de Baíñas (concello de Vimianzo).

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase expediente nº 336 de clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: Monte Cabral ou Baíñas.

Comunidade: Lugares de Baíñas e Val.

Parroquia: Baíñas.

Concello: Vimianzo.

Superficie: 183,55 ha.

Lindeiros:

Norte: propiedades particulares de Jesús Maceiras, Faustino Hermida e Celestino Villar. Propiedades particulares de Celestino Villar e outros, das que o separa estrada de Muxía a Santiago. Propiedades particulares de Francisco Calo e outros. Estrada de Muxía a Santiago. Propiedades particulares de Antonio Calo e outros. Estrada de Muxía a Santiago que o separa de propiedades particulares de María Pérez e outros. Propiedades particulares de Francisco Hermida e outros.

Leste: estrada de Muxía a Vimianzo e de Muxía a Santiago.

Propiedades particulares de Manuel Tomé e outros.

Sur: propiedades particulares de Andrés Fernández e outros. Monte Baíñas.

Oeste: termo do concello de Dumbría.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, de data 19 de xuño de 1996, conforme ó disposto na Lei de montes veciñais en man común de 10 de outubro de 1989 e demáis disposicións de aplicación, a medio do presente faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, ó obxecto de que, de acordo co previsto no Art. 23 do Regulamento de 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó de publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións estimen oportunas na defensa dos dereitos que crean asistirlles en relación co monte, aportando, no seu caso, a documentación que estimen conveniente ó respecto.

A Coruña, 19 de xuño de 1996.

Visto e prace

Ramón Olano Calleja

Instructor

Manuel Puente Araújo

Secretario

6017