Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 09 de agosto de 1996 Páx. 7.638

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELIDE

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do sector 11.

O Pleno do Concello de Melide, en sesión celebrada o día 19 de xullo de 1996 adoptou, con quórum legal, o acordo de aprobar con carácter definitivo, a modificación puntual das normas subsidiarias do sector 11, situado na zona da Martagona, deste termo municipal, unha vez que a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivendas emitiu o seu informe favorable sobre o correspondente expediente tramitado para o efecto, en escrito do 9 do actual, de conformidade co disposto no artigo 7.2º da Lei 7/1995, do 29 de xuño, da Xunta de Galicia.

O cal se fai público para os efectos determinados no artigo 8 d) da Lei 7/1995, antes citada, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo, pola Xunta de Galicia ós concellos.

Así mesmo, en cumprimento do establecido no artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local, modificada pola Lei 39/1994, do 30 de decembro, publícase texto íntegro da normativa modificada, no BOP da Coruña e entrará en vigor unha vez publicado o dito texto íntegro no expresado boletín e transcorridos quince días desde a dita data conforme dispón o artigo 65.2º

da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local.

Contra o presente acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderán os interesados interpor recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados desde o día seguinte a aquel no que apareza publicado este anuncio no último dos boletíns (BOP) ou DOG.

A interposición deste recurso comunicaráselle ó Concello de Melide, de conformidade co disposto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Melide, 22 de xullo de 1996.

Miguel R. Pampín Rúa

Alcalde

9606007