Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 09 de agosto de 1996 Páx. 7.640

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CARBALLIÑO

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 1996 pola que se convoca poxa para a adxudicación das obras do parque deportivo do Concello do Carballiño.

Obxecto: o Concello do Carballiño convoca poxa para a adxudicación das obras antes indicadas.

Tipo de licitación: 73.058.926 ptas.

Fianzas provisional e definitiva: 2% e 4% do tipo respectivamente.

Prazo de execución: 36 meses.

Expediente: estará de manifesto e poderá ser examinado na secretaria do concello, durante o período de licitación, é dicir, 13 días naturais a partir da inserción do presente anuncio e en horario de 8 a 14 de luns a venres e os sábados, de 9 a 13 horas.

Proposicións: presentaranse no rexistro xeral do concello nos prazos e horario indicados.

Documentación: a que se indica no prego de condicións relacionada coa obra.

Apertura de plicas: o día seguinte hábil á terminación da presentación de proposicións.

Exposición: o prego estará exposto ó público no taboleiro de anuncios do concello durante o prazo de 4 días hábiles contados desde a derradeira publicación deste anuncio no BOE ou no Diario Oficial de Galicia.

Modelo de proposición: o que figura no prego de condicións.

Prego de condicións: aparece publicado íntegro no BOP de Ourense co nº 167 do día 20 de xullo de 1996.

O Carballiño, 23 de xullo de 1996.

O alcalde

Rubricado

AVISO PARA OS ANUNCIANTES

PREZOS PARA A PUBLICACIÓN DE ANUNCIOS

NO DOG A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1996

(Decreto 289/1995, do 3 de novembro,

DOG do 9 do mesmo mes)

-Tramitación ordinaria: 445 pesetas/liña de 54 espacios.

-Tramitación urxente: 890 pesetas/liña de 54 espacios.