De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación dos expedientes sancionadores por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial.
Que así mesmo designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mercedes Valdés Rodríguez.
O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera
momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.
Para os efectos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formularen as alegacións, aportaren documentos ou aportaren as probas que conveñan ó seu dereito,
advertíndolles que de non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE 9-8-1993).
Pontevedra, 27 de xuño de 1996.
José Luis Díez Yáñez
Delegado provincial de Pontevedra
ANEXO
-Último enderezo coñecido infrinxido sancionador-Expediente -Denunciado
-Feito denunciado -Precepto
-Precepto
-Sanción
Do Viso, 64-Redondela
Xinzo-O Viso-Ponteareas
Cidadelle, 18-Chapela
Redondela
P-36/96 Severino Fernández Rodríguez
Vertidos de cementos, susceptibles de seren arrastrados pola corrente, na beira esquerda do río Agudelo, o día 23 de febreiro de 1996. Art. 35.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial Art. 35 da Lei 7/1992, de pesca fluvial 500.001 ptas. e inhabilitación para obte-la licencia de pesca en 1 ano e 1 día
P-50/96 José García Carrera
Dedicarse á pesca da lamprea de noite, axudado dunha linterna con luz artificial, na marxe esquerda do río Tea, xunto á escala piscícola, o día 16 de marzo de 1996. Art. 34.9º, 34.11º e 35.19º da Lei 7/1992, de pesca fluvial Art. 34 e 35 da Lei 7/1992, de pesca fluvial 600.000 ptas. e inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante 1 ano e 1 día
P-64/96 Félix Sánchez Yáñez
Pescar catro troitas (10 cm e 12 cm) de menor dimensión da permitida, o día 18 de marzo de 1996 no río Alvedosa, Redondela. Art. 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial Art. 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial 5.000 ptas. e indemnización de 4.000 ptas.
9605825

