Por Orde do 20 de setembro de 1993 da Consellería de Cultura e Xuventude, foi recoñecida como de interese galego a fundación Jorge Castillo e rexistrada no libro de rexistro de fundacións de interese galego correspondente a esta consellería.
Tendo en conta que con data do 19 de abril de 1996, a fundación Jorge Castillo solicita o traslado do expediente ó Ministerio de Cultura co fin de que sexa declarada de interese nacional.
Vista a documentación presentada pola fundación:
-Escrito do presidente solicitando o traslado.
-Certificado do secretario da fundación do acordo tomado polo padroado coa maioría necesaria.
E vista a Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, así como o artigo 36 do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego,
DISPOÑO:
Dar de baixa a fundación Jorge Castillo no Rexistro de Fundacións de Interese Galego desta consellería.
Traslada-la documentación da fundación Jorge Castillo ó Ministerio de Educación e Cultura e, comunicarlle ó Rexistro Único de Fundacións da Consellería da Presidencia e Administración Pública o devandito traslado.
Santiago de Compostela, 23 de xullo de 1996.
Jesús Pérez Varela
Conselleiro de Cultura e Comunicación Social
4336

