Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde, por Orde do 18 de xullo de 1996 (DOG nº 144, do 23 de xullo de 1996), en uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, de conformidade co disposto no argigo 27.2º da referida lei, e de acordo co establecido na base sexta da citada convocatoria, esta consellería dispón resolve-la citada convocatoria de acordo cos seguintes apartados:
Primeiro.-Declarar deserto o posto de traballo que se indica no anexo I da presente orde.
Segundo.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Gali
cia, no prazo de dous meses a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 3 de setembro de 1996.
Dositeo Rodríguez Rodríguez
Conselleiro da Presidencia e Administración Pública
ANEXO I
Denominación: letrado-xefe da Asesoría Xurídica.
Dependencia: Servicio Galego de Saúde.
Localidad: Santiago de Compostela.
Código: SAS020000215770001.
6654

