Esta secretaría, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-lo concurso público, procedemento aberto, en trámite de urxencia, para a adxudicación da obra que se cita:
1. Obxecto: restauración ds igrexa de Sabucedo e o contorno-A Estrada (Pontevedra).(Expte. 96/04/2207).
2. Orzamento de licitación: 9.131.520 ptas. (Nove millóns cento trinta e unha mil cincocentas vinte pesetas), IVE incluído.
3. Garantía definitiva: 4% do importe de licitación.
4. Prazo de execución: 2 meses.
5. Clasificación requirida: grupo k, categoría c, subgrupo 7.
6. Exposición de proxectos: o proxecto e o prego de cláusulas administrativas particulares estarán de manifesto na copistería Tórculo, rúa Rosalía de Castro nº 45, de Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación das proposicións.
7. Prazo de presentación de proposicións: comezará o dia seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG e rematará o décimo terceiro día hábil.
8. Lugar de presentación das proposicións: no rexistro da Secretaría Xeral para o Turismo, praza de Mazarelos nº 15, Santiago de Compostela, e no rexistro xeral da Xunta de Galicia, desde as 9 ata as 14 horas. Se a presentación fose en sábado, farase no rexistro xeral da Xunta de Galicia. No tocante ás proposicións por correo haberá de aterse o disposto na cláusula 6.2 parágrafo segundo do prego de cláusulas administrativas particulares.
9. Documentación que deben presenta-los licitadores: a especificada no prego de cláusulas administrativas.
10. Apertura de proposicións: terá lugar na sala B da Consellería da Presidencia e Administración Pública as 10.30 horas do día 30 de setembro de 1996.
11. Información adicional: a solvencia económica financeira e técnica acreditarase da forma prevista na cláusula 6.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Anuncio: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 4 de setembro de 1996.
P.D.(Orde 21-5-1995)
Rubén Víctor Lois Calviño
Secretario xeral para o Turismo
6616

