Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 26 de setembro de 1996 Páx. 8.668

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 10 de setembro de 1996 pola que se declara de interese galego a Fusgace,Fundación para el Estudio y Desarrollo Socioeconómico de Galicia y de las Comunidades Europeas e se ordena a súa inscrición no Rexistro de Fundacións, sección da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Con data do 5 de agosto de 1996 publicouse no Diario Oficial de Galicia a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 15 de xullo de 1996 pola que se clasifica como mixta a fundación Fusgace, Fundación para el Estudio y Desarrollo Socioeconómico de Galicia y de las Comunidades Europeas adscribíndoa á Consellería da Presidencia e Administración Pública, que terá que exercer plenamente o protectorado sobre ela.

A fundación foi constituída en escritura pública outorgada na Coruña o día 28 de febreiro de 1996 ante o notario desa cidade Francisco Manuel Ordó

ñez Arman, co número trece do seu protocolo, polas seguintes entidades: Instituto de Dirigentes de Galicia, S.L. (representada por Uxío Fernández Fernández), Planigalaica, S.L. (representada por Joaquín de Ramos Durántez) e Biancio Inmobiliaria, S.A. (representada por Camilo Prado López), sendo complementada e enmendada por outra do vintecinco de marzo ante o mesmo notario e co número setecentos corenta e tres de protocolo.

Esta fundación, ó abeiro do establecido no artigo 5 dos seus estatutos, ten por obxecto e finalidade, entre outros, estudiar e anallizar-la realidade socioeconómica de Galicia, desenvolvendo actividades, publicacións, cursos, reunións científicas, investigacións etc., que poidan levarse a cabo.

Por todo iso, e en virtude das competencias que me confire o artigo 34.12º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, e segundo o establecido nos artigos 8 da Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, e 23.3º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Declarar de interese galego a Fusgace, Fundación para el Estudio y Desarrollo Socioeconómico de Galicia y de las Comunidades Europeas ó cumpriren os seus estatutos as prescricións que para tal efecto sinala a vixente lexislación en materia de fundacións de interese galego.

2. Ordena-la inscrición de Fusgace, Fundación para el Estudio y Desarrollo Socioeconómico de Galicia y de las Comunidades Europeas no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Conselleia da Presidencia e Administración Pública, para os efectos constitutivos que sinala a Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicacio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

6851