Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 26 de setembro de 1996 Páx. 8.693

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a subministración de moblaxe xeral para unidades de atención primaria (SCC-46/1996).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da Dirección Xeral de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Subministración: moblaxe xeral para unidades de atención primaria (SCC-46/1996).

Orzamento: vinte millóns novecentas dúas mil novecentas pesetas (20.902.900) (IVE incluído).

Fianza provisional: 418.058 ptas.

Fianza definitiva: 836.166 ptas.

Forma de adxudicación: concurso público aberto polo trámite de urxencia.

Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público entregaranse no prazo de 15 días contados a partir da data de notificación da adxudicación.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Solvencia económica e financeira: acreditarase de acordo co establecido no artigo 16.1º a) e b) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: acreditarase de acordo co establecido no artigo 18 a) c) e d) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación:

1. Deseño, calidade e condicións técnicas e a súa adecuación ó solicitado no prego de prescricións técnicas: ata 5 puntos.

2. Prezo ofertado: ata 3 puntos.

3. Prazo de entrega: ata 2 puntos.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da Dirección Xeral de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º, en Santiago de Compostela, e nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde, tódolos días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981) 54 27 62 ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas «C» do Servicio Galego de Saúde, edificio administrativo de San Lázaro, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 1996.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral de Recursos Económicos

6921