Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 26 de setembro de 1996 Páx. 8.699

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLEDA DE VALDEORRAS

ANUNCIO da aprobación definitiva do documento de modificación do anexo I á revisión das normas subsidiarias de planeamento do municipio.

Aprobado definitivamente por maioría absoluta, na sesión plenaria do 29 de marzo de 1996, o documento de modificación do anexo I á revisión das normas subsidiarias de planeamento do municipio, de conformidade co previsto na disposición transitoria primeira e artigo 7 da Lei 7/1995, de delegación e distribución de competencias e materia de urbanismo, procédese a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, en cumprimento do previsto no artigo 8.d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño.

O expediente da revisión das normas subsidiarias de planeamento deste municipio foi aprobado defi

nitivamente, no seu día, pola Comisión Provincial de Urbanismo e publicado no BOP do 4 de marzo de 1995, coa introducción obrigatoria das modificacións e correccións non substanciais que no devandito acordo se especificaban, e que foron aprobadas definitivamente polo acordo plenario do 29 de marzo de 1996, con publicación do referido acordo e do artigo (normativa) da revisión das normas subsidiarias de planeamento deste municipio no BOP do 2 de xullo de 1996.

Carballeda de Valdeorras, 19 de agosto de 1996.

Mª Carmen González Quintela

Alcaldesa-presidenta

9606291