Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 27 de setembro de 1996 Páx. 8.704

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

ORDE do 19 de setembro de 1996 pola que se nomean os vocais por designación do Padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea.

No Decreto 326/1996, do 26 de xullo, de regulamentación do Centro Galego de Arte Contemporánea, establécese que o padroado do centro será o órgano rector colexiado deste e indícase a composición dos seus membros.

No uso da referida facultade,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomeamento dos vocais por designación do Padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea.

De acordo co disposto no artigo 5.2º b) do Decreto 326/1996, do 26 de xullo, de regulamentación do Centro Galego de Arte Contemporánea, os membros do padroado do centro intégranse polos seguintes vocais por designación:

-Carmela Arias y Díaz de Rábago

-José Luis Méndez López

-Vicente Arias Mosquera

-Mario Vázquez Raña

-Rudi Fuchs

-Borja Coca Moroder

-Isaac Díaz Pardo

-José Miguel Ullán

-Adrián Piera

-José Jiménez Jiménez

-Simón Marchán Fiz

-Mª. Victoria Carballo-Calero Ramos

-José Carlos Valle Pérez

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 1996.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura e Comunicación Social

7021