De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27-11-1992), notifícase a resolución do recurso ordinario do expediente PO-0278/1995 instruído por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG do 27 de maio), de infraccións en materia de protección dos recursos marítimo-pesqueiros.
O dito interesado dispón dun prazo de oito días contados a partir do seguinte á publicación deste edicto, para poder examina-lo expediente na Delegación Territorial de Pontevedra (Vigo) da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (r/ Palma nº 4-VIGO) e presenta-lo recurso correspondente.
Nº de expediente: PO-0192-1995.
Denunciado: Xacobe González Álvarez.
Enderezo: General Sanjurjo, 290-16 C-A- A Coruña.
Precepto infrinxido: Artº 6.7 da Lei 6/1991, do 15 de maio.
Sanción: vintecinco mil unha pesetas (25.001 ptas.).
Recurso ordinario presentado ó día: 28 de febreiro de 1996.
Resolución do recurso ordinario: desestimatoria, confirmando a sanción de vintecinco mil unha pesetas (25.001 ptas.).
Nº de expediente: PO-0453-1995.
Denunciado: Santos Díaz Pérez.
Enderezo: Casiano Martínez, 21-2º-Vigo-Pontevedra.
Precepto infrinxido: Art. 6.1º, 6.3º e 6.7º da Lei 6/1991, do 15 de maio.
Sanción: novecentas mil pesetas (900.000 ptas.).
Recurso ordinario presentado ó día: 6 de marzo de 1996.
Resolución do recurso ordinario: desestimatoria, confirmando a sanción de novecentas mil pesetas (900.000 ptas.).
Nº de expediente: PO-0455-1995.
Denunciado: Pablo Pérez Fernández.
Enderezo: Patos, 10, Nigrán-Pontevedra.
Precepto infrinxido: Art. 6.1º, 6.3º e 6.13º da Lei 6/1991, do 15 de maio.
Sanción: duascentas cincuenta mil pesetas (250.000 ptas.).
Recurso ordinario presentado ó día: 4 de marzo de 1996.
Resolución do recurso ordinario: estimatoria, revocando a resolución obxecto de recurso.
Vigo, 5 de setembro de 1996.
José Manuel Gabeiras Vérez
Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)
6913

