Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 17 de outubro de 1996 Páx. 9.196

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 1 de outubro de 1996 pola que se nomea un vocal da Mesa Provincial de Pontevedra de Control e Seguimento da Renda de Integración Social de Galicia.

Os artigos 36 e 37 da Lei 9/1991, do 2 de outubro, de medidas básicas para a inserción social, en concordancia co artigo 80 do Decreto 374/1991, do 24 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 9/1991, do 2 de outubro, dispoñen a constitución dunha mesa a nivel provincial en cada unha das provincias da Comunidade Autónoma, que actuará como órgano superior de control e seguimento da aplicación da renda de integración social de Galicia e que estará integrada, entre outros membros, por sete representantes das centrais sindicais máis representativas a nivel autonómico.

As normas de organización e funcionamento interno da Mesa Autonómica da Renda de Integración Social publicadas no Diario Oficial de Galicia do 23 de outubro de 1992, que rexerán tamén para as mesas provinciais, a teor do disposto no artigo 81.3º do Decreto 374/1991, do 24 de outubro, establecen no seu artigo 7.2º que os nomeamentos e substitucións de tódolos membros da mesa serán publicados no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude no Diario Oficial de Galicia do 16 de xullo de 1992, faise público o nomeamento de vocais das mesas provinciais de Control e Seguimento da Renda de Integración Social de Galicia. Posteriormente, foi comunicada a esta consellería a proposta da comisión executiva da central sindical Comisións Obreiras de Galicia, acordando substituír a un dos seus actuais vocais titulares.

En consecuencia, en uso da facultade que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear, en representación da central sindical Comisións Obreiras de Galicia, a Isabel de Paz Villasenín vocal titular da Mesa Provincial de Pontevedra de Control e Seguimento da Renda de Integración Social de Galicia, en substitución de Florentino García Solla.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 1996.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

7373