Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 17 de outubro de 1996 Páx. 9.209

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE UNIVERSIDADES

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 1996, da Secretaría Xeral do Consello de Universidades, pola que se anuncia a data na que se celebrarán os sorteos para designa-los vocais que integran as comisións que xulgarán os concursos para a provisión de vacantes de corpos docentes universitarios.

Convocadas a provisión as prazas dos corpos docentes universitarios que se relacionan no anexo

e dándolle cumprimento ó disposto no artigo 6 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño (BOE do 11 de xullo) e no artigo 17, e) do Real decreto 552/1985, do 2 de abril (BOE do 27).

Esta secretaría xeral resolveu sinala-la celebración dos sorteos correspondentes ás prazas sinaladas no citado anexo, co fin de designa-los membros das comisións que deben ser elixidos por este procedemento, para o día 13 de febreiro de 1996, ás dez horas. Os sorteos realizaranse polo sistema informático aprobado pola Comisión Académica do Consello de Universidades na súa sesión do 5 de xuño de 1985, de modo secuencial, segundo a orde en que figuran relacionados no anexo citado.

Os sorteos celebraranse na sede do Consello de Universidades (Cidade Universitaria, sen número, 28040 Madrid).

Para os efectos previstos no artigo 1 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, a partir da data da presente resolución faranse públicas as relacións dos profesores que participarán nos sorteos no Consello de Universidades.

Das citadas relacións e no momento do sorteo serán excluídos aqueles profesores que:

-Pertenzan á mesma universidade á que corresponda a praza.

-Fosen designados para formar parte da comisión titular pola universidade á que corresponda a praza.

-Sexan aspirantes e pertenzan á mesma área de coñecemento á que corresponda a praza.

As reclamacións contra as referidas relacións formularanse antes do día 19 de outubro, dirixidas á Secretaría Xeral do Consello de Universidades (Cidade Universitaria, sen número, 28040 Madrid).

Nos concursos nos que non existan profesores abondos do corpo e área de coñecemento a que corresponda a praza, aplicarase o disposto no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, que modifica o artigo 6.9º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Lo que comunico a V.I. para su conocimiento y efectos.

Madrid, 30 de setembro de 1996.

Francisco Michavila

Secretario xeral do Consello de Universidades

Sr. Vicesecretario xeral do Consello de Universidades

ANEXO

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

* Concursos convocados por resolución da universidade do 1-4-1996 e BOE do 7-5-1996.

Concurso nº: 18

Nº sorteo: 31323

Corpo: catedráticos de escola universitaria.

Área de coñecemento: expresión gráfica na enxeñería.

Presidente titular: Manuel Prieto Alberca.

Vocal secretario titular: Joel Fernández Soto.

* Concursos convocados por resolución da universidade do 19-4-1996 e BOE do 22-5-1996.

Concurso nº: 20

Nº sorteo: 31324

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: ciencia da computación e intelixencia artificial.

Presidente titular: José Luis Freire Nistal.

Vocal secretario titular: Álvaro Barreiro García.

* Concursos convocados por resolución da universidade do 8-5-1996 e BOE do 7-6-1996.

Concurso nº: 1384

Nº sorteo: 31326

Corpo: profesores titulares de univesidade.

Área de coñecemento: edafoloxía e química agrícola.

Presidenta titular: Rosa María Calvo de Anta.

Vocal secretaria titular: María Luisa Fernández Marcos.

Concurso nº: 1385

Nº sorteo: 31327

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: filoloxía española.

Presidente titular: Luis Iglesias Feijoo.

Vocal secretaria titular: María Yolanda Novo Villaverde.

Concurso nº: 1386

Nº sorteo: 31328

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: filoloxía catalana.

Presidente titular: Juan Solá Cortasa.

Vocal secretario titular: Tomás Martínez Romero.

Concurso nº: 1387

Nº sorteo: 31329

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: filoloxía galega e portuguesa.

Presidente titular: Ramón Lorenzo Vázquez.

Vocal secretaria titular: María del Rosario Álvarez Blanco.

Concurso nº: 1388

Nº sorteo: 31330

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: historia da arte.

Presidente titular: Manuel Núñez Rodríguez.

Vocal secretaria titular: Dulce María Ocon Alonso.

Concurso nº: 1389

Nº sorteo: 31331

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: patoloxía animal.

Presidente titular: Pablo Díez Baños.

Vocal secretario titular: José Luis Benedito Castellote.

Concurso nº: 1390

Nº sorteo: 31332

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: química inorgánica.

Presidente titular: Manuel Rafael Bermejo Patiño.

Vocal secretaria titular: María Isabel Fernández García.

Concurso nº: 1391

Nº sorteo: 31333

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: xeografía física.

Presidente titular: José Manuel Rubio Recio.

Vocal secretario titular: Augusto Pérez Alberti.

Concurso nº: 1392

Nº sorteo: 31334

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: enxeñería agroforestal.

Presidente titular: Francisco Maseda Eimil.

Vocal secretario titular: Luis Manuel Cabezal Gómez.

Concurso nº: 1393

Nº sorteo: 31335

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: estatística e investigación operativa.

Presidente titular: Wenceslao González Manteiga.

Vocal secretario titular: Luis Alberto Ramil Novo.

9606670